spot_img
InicioO SalnésArousaA Facultade Ágora defende a aposta polo uso da bicicleta como complemento...

A Facultade Ágora defende a aposta polo uso da bicicleta como complemento á mobilidade a pé nos traxectos medios e en contornas menos densas

Bicicletas eléctricas de balde, o primeiro servizo de xestión transfronteiriza real da penínsulaO deputado Uxío Benítez lembrou hoxe no ‘Obradoiro Ágora’ de Vilagarcía que a Deputación ten un servizo de asesoramento aos concellos da provincia para poñer en marcha plans de ciclabilidade

Revista COUSAS DE nº14

Facultade Ágora 2022 retomou hoxe as súas clases, á par do resto do colectivo escolar, cun novo ‘Obradoiro Ágora’ en Vilagarcía de Arousa para formar sobre como recuperar o espazo público e fomentar as mobilidades activas. Esta sesión, logo das celebradas en A Estrada e en Tomiño, volveu reunir a persoal técnico e político de moitos concellos da provincia e, entre outras cuestións, puxo de manifesto a necesidade de promover o uso da bicicleta como complemento á mobilidade a pé, sobre todo nos traxectos medios e en contornas menos densas nas que as distancias dificultan camiñar.

Neste sentido, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembrou que a Deputación vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento provincial para mellorar a ‘ciclabilidade’ dos espazos públicos municipais e a súa conectividade. Lembrou que o traballo coa bicicleta foi dende o inicio unha das demandas dos Concellos Ágora da provincia de Pontevedra, e subliñou que o servizo de asesoramento ten en conta a cada concello coas súas características sociais e xeográficas. “Hai que buscar un modelo acaído e adaptado a cada un dos concellos”, dixo. En concreto, sobre Vilagarcía, o nacionalista destacou que ten un sistema de bike-sharing denominado Vaibike! “que é un exemplo e serve para tránsitos máis longos a través dun medio sustentable, a outra pata xunto coa mobilidade activa á par que camiñar”.

Ademais do servizo de bicicletas e os espazos que se están a deseñar sobre a súa circulación, no Obradoiro Ágora tamén se trataron outras cuestións de xeito práctico e directo, analizando in situ actuacións realizadas polo Concello de Vilagarcía, actuacións de reforma do espazo público recuperado para as persoas que na maior parte foron financiadas por fondos provinciais de Subvencións Ágora, Plan Concellos ou Reacpon. Neste sentido, o deputado Benítez indicou que hoxe en día é un dos concellos que está a seguir o modelo Ágora e que se pode considerar un referente en políticas de recuperación do espazo público.

Greenpeace e Mulleres Bicivisíbeis lanzan un proxecto para que haxa máis mulleres ciclistas en Vigo

Pola súa banda, e en relación á necesaria recuperación do espazo público, a ‘Observadora Ágora’ Rocío Plasencia, arquitecta e xestora de mobilidade, destacou a necesidade de restrinxir usos dos vehículos privados que as persoas realizan simplemente por comodidade e “porque se pode”. Neste sentido, subliñou que é preciso dificultar os traxectos curtos e inútiles en coche o máximo posible nos deseños urbanos, e destacou que nos países nórdicos e incluso no centro da meseta española cando é inverno a xente camiña con frío centos de metros para chegar ás bocas do metro. “Alí non poden ir co coche e a xente camiña, aquí hai que buscar as fórmulas para que tamén camiñe”, sinalou.

Outras das cuestións que se debateron no Obradoiro foi o deseño das contornas escolares, as reformas de espazos peonís e o uso dos pasos de peóns, a utilización dos pavimentos e dos bolardos, e a necesidade dunha boa iluminación para aumentar a calidade urbana, así como a utilización do urbanismo táctico (obras provisionales) para recuperar espazos públicos sen investir moitos fondos.

“Vilagarcía espertou”

Na xornada do Obradoiro Ágora Vilagarcía de Arousa foi a protagonista total. O alcalde Alberto Varela participou na xornada, xunto á concelleira de Urbanismo Paola Mochales, e o edil Lino Mouriño. O rexedor felicitou á Deputación pola iniciativa da Facultade Ágora que permite aos concellos reflexionar “sobre algo tan importante como o espazo público, sobre o que se está a facer e sobre o futuro que temos que ter as cidades”.

Varela subliñou que Vilagarcía ten moi claro dende hai tempo, pero agora con máis impulso, cara onde hai que ir: a recuperación do espazo público pensando sobre todo nas persoas. O rexedor destacou que é preciso apostar por medidas de transporte máis eficientes que o vehículo privado, apostar polas bicicletas “e pensar que debemos de convivir co vehículo privado, pero non nos centros das cidades”.

Pola súa banda, a arquitecta e xestora de mobilidade Rocío Plasencia, invitada como observadora externa, asegurou que xa coñecía a vila pero había 10 anos que non volvía. “Vexo que xa espertou. Espertou a esta nova ola imparable, ao tsunami que está a arrasar todas as cidades para ben. Creo que o concello ten moito por percorrer, pero gustoume moito o que vin, e sobre todo a evolución”, salientou.

Con respecto á Facultade Ágora, Plasencia subliñou que se trata dun espazo magnífico para poñer en común un intercambio de saberes “e non facer cada un a guerra nos nosos pequenos reinos de Taifas”. “Este espazo aforra moito traballo a todas as persoas técnicas e Corporacións municipais porque o que xa se ten demostrado que non sirva ou funciona ben, ou o que si funciona, imos camiñando sobre seguro”, finalizou.

- Publicidade -spot_img