Inicio Pontevedra Baixo Miño A Valedora do Pobo visita Tomiño para atender as queixas que a...

A Valedora do Pobo visita Tomiño para atender as queixas que a veciñanza lle queira achegar

Tomiño, único concello de Galicia cunha oficina Eurodesk, para información e xestión de programas europeos https://www.cousasde.com/tomino-unico-concello-galicia-cunha-oficina-eurodesk-informacion-e-xestion-programas-europeos/A Valedora do Pobo visita Tomiño o próximo 23 de maio para atender as queixas que a veciñanza lle queira achegar

Milagros Otero aproveitará a visita a este municipio para se reunir coa alcaldesa e membros da corporación municipal e coñecer de primeira man algúns dos problemas que afectan a este concello.

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, trasladarase o próximo mércores 23 de maio á localidade pontevedresa de Tomiño. A institución invita a todos os interesados a participar ese día nun encontro de atención directa á veciñanza. Atenderá en persoa as queixas e consultas que queiran facerlle chegar nunha xuntanza que se celebrará entre as 16.00 e as 18.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

O programa da valedora do pobo incluirá unha visita á Casa do Concello (12.00 horas) onde se entrevistará coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González e saudará á Corporación Municipal para tomar nota das cuestións que os representantes públicos queiran facerlle chegar.

O obxectivo da visita é achegar os servizos que ofrece a institución do Valedor do Pobo á cidadanía co fin de atender, protexer e defender os seus dereitos fronte ás actuacións das administracións públicas en políticas agrícolas e gandeiras, sanitarias, educativas, de vivenda, servizos sociais, medio ambiente, xustiza, urbanismo; e tamén en cuestións relacionadas cos servizos de interese xeral, como poden ser as reclamacións con empresas de subministración de servizos públicos, entidades financeiras, etc.

Aínda que se fixo chegar invitación a través do Concello, a oficina do Valedor do Pobo convida a veciños de todas as parroquias e de localidades próximas a se achegar ao encontro.

A propia valedora e o persoal da institución estará a dispor dos interesados de 16.00 a 18.00 no salón de plenos do Concello (Praza do Seixo, 1).

Calquera persoa ou colectivo poderá dirixirse directamente á valedora e trasladar a súa reclamación, aínda que, para unha mellor prestación do servizo, poderase concertar unha cita previa chamando ao teléfono 981 569 740 ou enviando un correo electrónico a comunicacion@valedordopobo.gal.

A visita a Tomiño, que foi aprazada o mes pasado por motivos de saúde da valedora, forma parte do programa de encontros que cada 30 días a titular da institución realiza nun concello de Galicia. A institución do Valedor do Pobo quere agradecer a colaboración brindada pola alcaldía de Tomiño para organizar o encontro.

Nos últimos meses a defensora trasladouse a Chantada, Valdoviño, Guitiriz, Carballeda de Avia, Láncara, Curtis, Marín, Monforte, O Barco de Valdeorras ou Carballo, entre outras localidades. Os casos problemáticos que achegan os veciños nestas xuntanzas inician a súa tramitación con carácter inmediato e tamén adoitan atopar solucións en moi pouco tempo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies