spot_img
InicioAlto MinhoA triatleta tudense Aida Valiño madriña da VI Urban Trail Night Eurocidade

A triatleta tudense Aida Valiño madriña da VI Urban Trail Night Eurocidade

A triatleta tudense Aida Valiño madriña da VI Urban Trail Night Eurocidade A deportista compaxina deporte, traballo, maternidade representando perfectamente o empoderamento da muller na semana do 25N

Revista COUSAS DE Nº15

Acaba de ser nai por 3ª vez e segue na brecha… Aida Valiño, (Castroverdre, 23 de xuño de 1987), é un exemplo para seguir e no que se poden ver reflectidas moitas mulleres de hoxe en día.

Deportista de elite desde moi nova, iniciándose primeiro na natación, foi das primeiras en abrir camiño ás mulleres no mundo do tríatlon, con numerosos éxito nacionais e participacións internacionais

No ano 2014, tras conseguir o Campionato de España de Trialton de media destancia, un gravísimo accidente, o pelotón no que ía adestrando fué arroiado por un coche, parecía retirala da competición. A súa forza e tesón fixeron que volvese un ano despois, xa que reaparece con triunfo no Triatlon de Elxe, pero outro atropelo, truncou de novo a súa carreira.

Non volvería competir ata o 2019, tras ser nai neste período de dúas nenas, e en 2020 gana en Caminha o campionato Ibérico de triatlon de Media distancia.

A pandemia faia deterse de novo… pero a súa vida segue virando en torno ao deporte, xa que ademais de continuar adestrándose, é o maior soporte, do seu marido, o medallista Olímpico Gustavo Rodríguez, a quen apoia, e co que colabora na súa dura preparación dos pasados Xogos Paralimpicos de Tokyo 2021, con todo o que iso conleva.

Aida Valiño Gómez, unha muller do século XXI, será a madriña da VI Urban trail night Eurocidade e ademais participará na distancia dos 8 quilómetros.

- Publicidade -spot_img