spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO proxecto Trega 2020+5 arranca a súa primeira actuación no Trega coa...

O proxecto Trega 2020+5 arranca a súa primeira actuación no Trega coa restitución da porta norte do castro

O proxecto Trega 2020+5 arranca a súa primeira actuación no Trega coa restitución da porta norte do castroOs traballos iniciaranse no final do novembro, unha vez acadada a autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Revista COUSAS DE Nº15

O Proxecto Trega 2020+5   elaborado  entre  concello da Guarda e o Instituto de Historia do  CSIC trata de desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación  integral. Así este proxecto desenvólvese  en torno a tres eixos, recuperar  e consolidar   os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e afondar no coñecemento arqueolóxico do Trega coa finalidade de crear novos contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

O proxecto, que  conta co respaldo  financeiro  do Padroado do Monte Trega e a autorización  das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos,  parte da iniciativa do  alcalde da localidade e Presidente do Padroado, Antonio Lomba. Esta primeira campaña dispón dunha financiación de 23.691,80€ aportada exclusivamente polo Padroado. Para o desenvolvemento do proxecto nos vindeiros anos espérase contar tamén  co apoio da  Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, que xa foi  convidada   a formar parte do  mesmo.

A reconstrución da porta norte do poboado implica unha grande complexidade técnica. Os traballos consistirán na reconstrución da muralla e a restitución do lintel que se atopa caído “in situ” xusto ao pe da porta. Esta actuación será levada a cabo pola empresa Terra Arqueos, que conta cunha longa experiencia en restauracións e consolidacións de castros, baixo a dirección de Miguel Ángel López Marcos, restaurador de gran prestixio internacional que ten dirixido proxectos como a reconstrución dos colosos de Memmón no Exipto.

Esta actuación contribuirá  á  valorización  patrimonial  do castro de Santa Trega como parte  dunha estratexia que aposta por potenciar o seu valor como recurso cultural e turístico, e tamén pola  súa relevancia científica no estudo das sociedades dos castros. Desde o concello da Guarda e o CSIC confíase en que esta  inversión  impulse  moitas outras actuacións  nun dos maiores xacementos castrexos de todo o noroeste peninsular e un símbolo da cultura dos castros.

- Publicidade -spot_img