spot_img
InicioCondado ParadantaA transformación chega ao comercio local de Salceda a través do programa...

A transformación chega ao comercio local de Salceda a través do programa Da Túa Man

A transformación chega ao comercio local de Salceda a través do programa Da Túa ManO comercio local de Salceda de Caselas beneficiado polas actuacións do programa Da Túa Man  posto en marcha, con fondos europeos a través da sinatura dun convenio entre o concello e a Deputación de Pontevedra.

Revista COUSAS DE Nº15

Dito programa, solicitado pola concellería de Comercio, que dirixe a propia alcaldesa Verónica Tourón, conta cun orzamento de  93.139,87€, dos cales o concello de Salceda aporta 11.546,27€

As actuacións recollidas teñen como obxectivo fundamental  dinamizar o comercio local , na liña de potenciar as iniciativas que se veñen levando a cabo pola asociación de comerciantes ACISA e o concello. Introducindo cambios que provoquen a modernización, sustentabilidade e transformación dixital dos negocios comerciais locais, colocando a veciñanza como a verdadeira protagonista dese impulso comercial que se pretende acadar a través do programa.

O comercio local poderá transformarse dixitalmente coas actuacións de creación dun portal web único, campañas de comunicación, puntos de información e sensibilización sobre o tratamento de residuos, packing sostible e aplicacións que faciliten a oferta comercial

No tocante ao aspecto sostible, relacionado co fomento da economía circular no comercio local,  algunhas das actuacións iran encamilñadas a establecer sistemas de recollida  de pedidos de forma colaborativa, deseños de packaging reutilizable ou o subministro e instalación de illas ecolóxicas modulares para o depósito e tratamento de residuos.

As persoas propietarias e traballadoras dos comercios de Salceda tamén poderán adquirir formación que lles axude a coñecer e superar os retos da transformación dixital e como poden sacarlle o maior partido para o crecemento dos seus negocios.

Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de Comercio: “Resulta fundamental colaborar co comercio de proximidade para facilitarlle a adaptación aos novos retos da transformación, facendo da nosa vila un espazo comercial  de referencia na nosa comarca”.

- Publicidade -spot_img