spot_img
InicioVal MiñorNigránA tradicional San Silvestre de Nigrán será popular e gratuíta e a...

A tradicional San Silvestre de Nigrán será popular e gratuíta e a saída e a chegada será dende a Piscina Mancomunada de A Ramallosa

a-tradicional-san-silvestre-de-nigran-sera-popular-e-gratuita-e-a-saida-e-a-chegada-sera-dende-a-piscina-mancomunada-de-a-ramallosa

A proba deportiva, non competitiva, sairá ás 19,00 horas do venres 30 de decembro dende a Piscina Mancomunada de A Ramallosa e recorrerá o paseo Torrente Ballester, rodeará Monte Lourido polo sendeiro azul ata a recentemente remodelada “Fonte Seca” de Lourido nun recorrido de aproximadamente 6 kilómetros.

Antes de iniciar a San Silvestre o Alcalde de Nigrán e os membros do clube de Atletismo “Os Argonautas do Miñor” descubrirán a placa que dará nome a esta rua como “Rúa dos Argonautas” despois da proposta levada ao pleno de xuño de 2016 donde Nigrán aprobou nomear esta rúa, a proposta do propio clube de atletismo e respaldada con 355 firmas.

Os Argonautas do Miñor son un club de aficionados ao atletismo da comarca miñorana que ten seu punto de encontro e entrenamento na piscina de A Ramallosa, rúa que ata o pasado mes de xuño carecía de nome. Os membros do clube declararon que identifícanse cos aguerridos protagonistas dunha das lenda gregas máis antigas, previa á guerra de Troya. A dos tripulantes de Argos, a nave capitaneada por Jasón, ao que axudaron a lograr o vellocino de ouro para recuperar o trono de Yolcos, en Tesalia, usurpado por su tío Pelías.

“A aposta de este goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que o mellor xeito de despedir o ano é facendo deporte, facendoo en comunidade e sobre todo divertíndose para que pouco a pouco sexamos quen de incorporalo ós hábitos dos máis pequenos. O ano 2017 será un ano moi importante para o deporte nigranés xa que disporemos dun pavillón de deportes totalmente renovado, despois de 40 anos no olvido, e dun gran espazo deportivo en Porto do Molle”, indica Juan González, Alcalde de Nigrán.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.