spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu o acto de conmemoración do...

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu o acto de conmemoración do 36º Aniversario da Constitución Española

Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu o acto de conmemoración do 36º Aniversario da Constitución Española

 

 

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, estivo acompañado por autoridades civís, militares e representantes do poder xudicial

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, presidiu o acto de conmemoración do 36º Aniversario da Constitución Española, no que estivo acompañado por autoridades civís, militares e representantes do poder xudicial.

O acto estivo marcado polos recentes acontecementos ocorridos na cidade de Vigo no que unha axente do CNP perdeu a vida en acto de servizo e un subinspector resultou gravemente ferido. Antonio Coello lembrou a ambos os axentes en varias ocasións e rogou ao comezo do acto un minuto de silencio en homenaxe á axente falecida.

Durante o evento, tanto o subdelegado como diversas autoridades civís e militares entregaron condecoracións, a proposta da Subdelegación do Goberno, ao Mérito da Protección Civil a cinco axentes do Corpo Nacional de Policía, catro axentes da Garda Civil así como a dous integrantes de protección civil que desempeñan as súas funcións na provincia de Pontevedra.

Por outra banda, o subdelegado do Goberno en Pontevedra sinalou durante a súa intervención que a Constitución conforma un “documento que leva servíndonos lealmente desde aquel histórico decembro do 78 e que segue sendo, a día de hoxe, a ferramenta máis firme e eficaz para garantir o diálogo, a paz, a unión e a concordia de todos os españois”.

Engadiu que “hoxe, trinta e seis anos despois, a gratitude que debemos á nosa Carta Magna é infinita e debe expresarse por tanto publicamente. O seu texto, serenamente acordado por representantes de todas as ideoloxías e produto dun amplo consenso, axudou a crear unha España máis libre, máis tolerante, máis sincera e máis xusta, converténdose tamén no factor que máis contribuíu a cohesionar o territorio nacional, consolidando os argumentos que nos unen do mesmo xeito que impón o respecto, o fomento e o amparo das súas singularidades”.

“Esta España, que sorteou tan difíciles momentos e que se sobrepuxo a situacións sumamente complexas, non podería resistir o reto sen un respaldo tan significativo e sólido como a súa Lei de Leis. A Constitución de 1978, á que hoxe queremos tributar esta homenaxe de agarimo, admiración e respecto”, apuntou.

Entre os asistentes atopábanse a deputada Paz Lago; a senadora Dores Pan; o presidente da Audiencia provincial, Francisco Javier Menéndez entre outras moitas personalidades civís e militares.

- Publicidade -spot_img