spot_img
InicioO SalnésPortos de Galicia impulsa unha alianza co porto francés de La Rochelle...

Portos de Galicia impulsa unha alianza co porto francés de La Rochelle para o desenvolvemento de regatas internacionais no litoral galego

Portos de Galicia e a empresa pública francesa Port de Plaisance de La Rochelle asinarán un convenio de colaboración para potenciar accións conxuntas para o impulso da náutica recreativa no arco atlántico e en concreto no litoral galego e o sur de Francia. Así o anunciou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán,O ente público asinará un convenio coa entidade francesa durante unha visita da súa directiva para afondar nas potencialidades do sistema portuario galego

O acordo recolle tamén o intercambio de formación e especialización do persoal das instalacións náuticas

Portos de Galicia e a empresa pública francesa Port de Plaisance de La Rochelle asinarán un convenio de colaboración para potenciar accións conxuntas para o impulso da náutica recreativa no arco atlántico e en concreto no litoral galego e o sur de Francia. Así o anunciou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao porto deportivo de San Vicente do Mar (en O Grove), un dos que maior actividade regatista rexistra en Galicia.

Este acordo xurde como froito dos contactos afianzados nos distintos eventos promocionais nos que Portos de Galicia ten participado como catalizador da oferta náutica galega coa finalidade de incrementar o seu volume de negocio e nomeadamente da presenza do ente público no Grand Pavois de La Rochelle. O acordo quedará rubricado nas vindeiras semanas cando unha delegación da entidade Port de La Rochelle visitará Galicia para coñecer algúns dos portos máis representantivos da nosa comunidade, entre os que destacan no ámbito da náutica recreativa os portos das Rías Baixas.

O obxectivo principal do convenio será impulsar a mobilidade de participantes nas principais regatas que se celebran no arco atlántico, así como fomentar o intercambio de coñecemento e formación de persoal entre Galicia e o sur de Francia. Deste xeito preténdese desenvolver regatas internacionais para ampliar as posibilidades de actividade dos regatistas con base en Galicia e ao mesmo tempo atraer ás competicións náuticas da nosa comunidade a un maior número de turistas estranxeiros, co conseguinte beneficio engadido para as instalacións portuarias e turísticas de Galicia.

Este convenio supón o segundo acordo de Portos de Galicia con outras entidades náuticas internacionais en poucos días. Non en van, o ente público asinará a vindeira semana no Salón Náutico de París un protocolo de colaboración coa compañía Primocean trala integración de diversos portos deportivos autonómicos na rede internacional Passeport Escales que lidera dita compañía.

Tanto o obxectivo da promoción internacional da náutica recreativa, como o impulso ao desenvolvemento de regatas internacionais e o fomento da formación especializada para una maior profesionalización do sistema portuario galego son liñas de traballo prioritarias contempladas no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que Portos de Galicia está a desenvolver.

Esta estratexia está a dar resultados satisfactorios no relativo ao volume de negocio do sector náutico en Galicia que a vindeira temporada estival veu incrementado o número de chegadas de embarcacións estranxeiras en tránsito nun 8,7%, superando os 5.400 barcos.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.