spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu a conmemoración do 38º Aniversario...

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu a conmemoración do 38º Aniversario da Constitución

a-subdelegacion-do-goberno-en-pontevedra-acolleu-a-conmemoracion-do-38o-aniversario-da-constitucion

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu esta mañá o acto institucional conmemorativo do 38º Aniversario da Constitución Española.

Ao mesmo, asistiron o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; a deputada nacional Pilar Rojo; a deputada autonómica Guadalupe Murillo; o presidente da Audiencia provincial, Francisco Javier Menéndez; o fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; o xeneral xefe da Brilat, Luís Cebrián; o subdelegado de Defensa en Pontevedra, Ángel G. de Miguel Campos; o comandante director da Escola Naval de Marín, José Mª Núñez; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra; Miguel Estévez e o comisario provincial da Policía Nacional, Manuel Bouzas, ademais do ex subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, entre outras autoridades civís e militares.

Jorge Atán, subdelegado do Goberno na Coruña e en representación do delegado do Goberno, foi o encargado de pronunciar o discurso no que destacou que “que mellor lección histórica que esta que conduciu a políticos de tan diversas orixes e ideoloxías a construír o alicerce constitucional da nosa nación. O meu desexo neste acto é que sexamos capaces agora de reproducir o mesmo espírito de consenso e lealdade que uniu aos pais da Constitución. Renunciando a personalismos inútiles e batallas demagóxicas que nada achegan ao benestar da sociedade”.

Ademais, engadiu que “son de Vigo e alí fun testemuña da conflitividade social de finais dos 70 e de como o espírito dos dereitos e liberdades que nos outorgaba a Carta Magna ía calando na sociedade galega ata o que somos hoxe. Non digo nada novo se afirmo que, 38 anos despois, Pontevedra é unha provincia puxante en sectores crave da economía galega e española, principal foco de expansión demográfica da comunidade e reflexo do dinamismo cultural de Galicia”.

Así mesmo, tivo palabras de recordo e agradecemento para o ex subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, que cesou no cargo por xubilación o 26 de novembro: “Aínda que este acto xa non o esteas presidindo ti, están a presidilo os teus logros nestes catro anos, o teu concepto da xestión pública, o teu labor conciliador, a túa lealdade institucional e a túa capacidade de traballo. Quedo con algúns fitos que ti mesmo destacaches estes días pasados: a mellora substancial dos índices de seguridade na provincia; o desmantelamento da trama extorsionadora dos Morones e a colaboración estreita cos concellos desta provincia”.

Por último felicitou a todos os galardoados e agradeceu o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade na provincia.

Durante o acto entregáronse 5 Encomendas ao Mérito Civil, unha Medalla ao Mérito da Seguridade Viaria e 15 Medallas ao Mérito da Protección Civil.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.