Este pasado fin de semana disputábase o Gran Premio Internacional de Castela e León de piragüismo en k4, no que catro padeeiras galegas, Marta Iglesias (Ría de Aldán), Carla Pérez (Kayak Tudense- Axuda Paramos), Fátima Ordóñez ( As Torres), Rebeca Laurijssen ( As Torres) estaban convocadas pola Federación Galega de Piragüismo para representar a Galicia na proba na que participaban tanto seleccións internacionais como seleccións autonómicas.
Por unha banda o sábado tivo lugar en Valladolid o XXI Trofeo Internacional K4 Cidade de Valladolid, no que o k4 galego terminou en primeira posición seguido por Estremadura e Castela a Mancha.
Ao día seguinte, celebrouse a 56º Regata Internacional Sanabria 2018, na que as catro integrantes galegas repetía triunfo, esta vez por diante das seleccións de Euskadi e Castela a Mancha.
A suma dos resultados de ambos os días conseguiu deixar á selección de Galicia como vencedora do gran premio con 66 puntos, mentres que Castela a Mancha e Euskadi empataban a 58 puntos na segunda e terceira posición.
Doutra banda nesta mesma competición participaban co combinado nacional Tania Fernández (Kayak Tudense- Axuda Paramos), e Tania Álvarez (Breogán O Grove) xunto ás castelán leonesas Eva Barrios e Laura Pedruelo, embarcación que conseguiu a vitoria final despois de vencer en Valladolid e ser segundas no lago de Sanabria, impoñéndose ás seleccións de Hungría e Portugal.



