spot_img
InicioVal MiñorNigránA XII edición do Nigránjazz abre coa actuación estelar do trompetista Voro...

A XII edición do Nigránjazz abre coa actuación estelar do trompetista Voro García e a Master-Class do guitarrista Peter Berstein

A XII edición do Nigránjazz abre coa actuación estelar do trompetista Voro García e a Master-Class do guitarrista Peter BersteinO Concello de Nigrán abre mañá venres a duodécima edición do Nigránjazz no esteiro de A Foz (A Ramallosa) coa actuación estelar do valenciano Voro García, considerado como un dos mellores trompetistas a nivel internacional e que acude cun quintento formado tamén por grandes figuras mundiais como Peter Bernsteis á guitarra, Chris Cheek ao saxo (ambos, precisamente, protagonistas de pasadas edicións do festival), Dee Jay Foster ao contrabaixo e Roberto Gatto á batería.

Voro García comezou a tocar a trompeta aos 8 anos, sendo becado para estudar Jazz no Berklee College of Music (Boston), onde se graduaría magna cum laude no 2007. Ten actuado en importantes festivais con diferentes proxectos como Montreaux Jazz Festival (Suiza), Copenhagen Jazz Festival, Festival de Jazz de Campeche (Mexico), Manila Jazz Festival (Filipinas)…

O contrabaixista galego Xacobe Martínez Antelo inaugura co seu trío o festival ás 21:00 horas no escenario ao aire libre de A Foz do Miñor. Posteriormente terá lugar a actuación de Voro García Quintet e xornada rematará coa jam-session de Emilio Atanes 

Antes da actuación do valenciano, ás 21:00 horas, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo inaugurará o Nigránjazz con Xosé Miguelez ao saxo tenor e Max Gómez á batería, todos músicos galegos de primera liña. Como colofón á noite, o baterista Emilio Atanes e o seu cuarteto abrirán no mesmo recinto a jam-session que, de seguro, se prolongará ata a madrugada.

Pero para os músicos e os máis afeccionados ao jazz o festival arranca o venres ás 12:30 no Auditorio Municipal de Nigrán coa xa tradicional master-class, que ese día corre a cargo de Peter Bernestein e o sábado do tamén guitarrista Jesse Van-Ruller, protagonista do concerto da noite no esteiro de A Foz. O prezo das clases maxistrais é de 15 € por unha soa ou 20 € polas dúas, a abonar o propio día no (a inscrición pode realizarse previamente en info@folque.com).

Como hai xa dous anos, o evento gastronómico “Rilla  na  rúa” acompaña ao  festival coas súas camionetas con comida  gourmet aparcadas no paseo da Foz e patrocinando a actuación de rúa do grupo das Rías Baixas ‘Low Bay Hot Band’ na sesión swing da tarde do sábado.

Músicos e afeccionados poden participar previa inscrición na master-class dos guitarristas Peter Bernstein o venres a mediodía no Auditorio do Concello ou de Jesse Van Ruller o sábado

O sábado 28, a actuación principal será a cargo do guitarrista holandés Jesse van Ruller, gañador en 1995 do premio Thelonious Monk International Jazz Guitar Competition, sendo o primeiro europeo en alcanzar este prestixioso premio cun xurado composto por xenios como John Scofield, Pat Metheny, Jim Hall e Pat Martino. Jesse compartiu estudio e escenarios con músicos coma Tom Harrell, George Duke, Christian McBride, Clarence Penn…  O galego Dani Font co seu trío será quen o preceda no escenario ás 21:00 horas.

O  Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedade de Artistas Intérpretes o  Ejecutantes de España ( AIE), a Fundación  Mayeusis, Elemental Chefs e  Rodosa.

XII EDICIÓN 27 y 28 de Julio 2018

 

Venres 27 de Xullo

Auditorio do Concello

12:30: Masterclass con Peter Bernstein

Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:

21:00: Xacobe Martínez Antelo Trío

22:30: Voro García Quintet

24:00: Jam Session con Emilio Atanes Cuarteto

 

Sábado 28 de Xullo

Auditorio do Concello

12:30: Masterclass con Jesse Van Ruller

Paseo da Foz do Miñor:

19:30: Swing Session con The Low Bay Hot Band.

Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:

21:00: Dani Font Trío.

22:30: Jesse Van Ruller Trío

24:00: Jam Session con Diego Alonso Cuarteto

 

BREVE HISTORIA  DO FESTIVAL

O Nigránjazz, festival máis señeiro do Concello de Nigrán cumpre 12 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e  o único adicado ao jazz  de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais,  aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek ou o ano pasado o afamado guitarrista americano Kurt Rosenwinkel.  Pero non hai que esquencer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigránjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

- Publicidade -spot_img