spot_img
InicioBaixo MiñoA Sala Municipal de Tui acolle dende este xoves a exposición itinerante...

A Sala Municipal de Tui acolle dende este xoves a exposición itinerante “Camiños do Sur”

Constituída a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular

Mañá xoves, 2 de xuño, ás 12.30 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui será inaugurada a exposición “Camiños de Sur”.

Revista COUSAS DE Nº13

A mostra está impulsada pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular” que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio natural e cultural das vías transfronterizas que recorren a provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués.

Nesa exposición poderemos contemplar imaxes e mobiliario contemporáneo que presenten as paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas á beira do Camiño. En concreto mostraranse percorridos e datos históricos, centrando a atención nos contrastes, nas relacións e nas similitudes entre as paisaxes. Tamén se achega información para os peregrinos sobre os núcleos de poboación que percorren, as súas xentes, tradicións e a súa gastronomía.

“Camiños do sur” difunde información a través de cubos retroiluminados e taboleiros, imaxes de gran formato e mobiliario contemporáneo, adaptado ao espazo, para “unir mundos diversos”, presentar paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas ao lado dos camiños.

Esta mostra permanecerá en Tui ata os primeiros días do vindeiro mes de xullo.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, esta mostra é unha excelente oportunidade para achegarse a coñecer o rico patrimonio, tanto cultural coma natural, que está ligado á ruta xacobea así como as oportunidades de desenvolvemento económico e social sostible que xera o Camiño de Santiago. Esta exposición é un expoñente mais do compromiso de traballo que mantén o Concello de Tui en relación ao Camiño Portugués, que está vivindo unha excepcional reactivación no que levamos de ano 2022.

- Publicidade -spot_img