Inicio Baixo Miño A Guarda A restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina centra a próxima Barferencia da...

A restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina centra a próxima Barferencia da Guarda

Este venres día 1 de febreiro de 2019 terá lugar a segunda Barferencia do ano na Guarda, en concreto falarase sobre «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica» a cargo de Luis Francisco López González.

Esta é a cuarta Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no bar O Couto de Camposancos, onde os asistentes coñecerán como foron as novas actuacións realizadas, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, no Castro de Santa Trega. Estas actuacións enmarcáronse no protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia. A institución provincial promoveu as tarefas de restauración e consolidación no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, unhas actuacións que se prolongaron ao longo de 5 meses sobre unha superficie total de 2.642 metros cadrados no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, para a que se contou cun orzamento de 367.719 euros.

A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación que dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016.

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.

As Barferencias continuarán o 15 de marzo na Cafetería Marbella cunha charla sobre “Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra da Restauración na Guarda”, a cargo de Rebeca Blanco Rotea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies