spot_img
InicioCondado ParadantaA primeira cita coas Xornadas sobre o Patrimonio do Condado esperta o...

A primeira cita coas Xornadas sobre o Patrimonio do Condado esperta o interese do público

A primeira cita coas Xornadas sobre o Patrimonio do Condado espertou o interese do públicoO historiador X.M Hidalgo Cuñarro destaca a necesidade de desenvolver o plan director para un maior recoñecemento do Castro de Troña

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, salienta o éxito de participación na primeira cita coas I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado que congregou no Museo Municipal a ducias de persoas interesadas na historia da nosa comarca.

Expertos, alumnado da facultade de Historia, afeccionados e cidadanía en xeral quixeron gozar hoxe da oportunidade única que brindan as primeiras Xornadas sobre o Patrimonio do Condado de coñecer da man dos e das estudosas máis relevantes a historia do castro de Troña e da influencia da catedral de Tui no patrimonio medieval do Condado.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, foi o encargado de abrir estas primeiras Xornadas acompañado de Fermín Pérez Losada, do departamento de prehistoria da facultade de Historia en Ourense, e do responsible do Museo municipal, Gonzalo Fernández. Represas destacou o apoio da Universidade de Vigo e o traballo realizado pola Concellería de Cultura que ofrece totalmente de balde estas novidosas xornadas que afondan nas nosas raíces.

José Manuel Hidalgo Cuñarro compartìu coas e cos asistentes os seus amplos coñecementos sobre o Castro de Troña aportando tamén a importancia de dar un paso máis na posta en valor do noso castro, “é un orgullo estar hoxe en Ponteareas e ver o éxito de convocatoria destas xornadas. Agora toca dar un paso máis e desenvolver aquel plan director que no ano 95 quedou paralizado. Vintecinco anos despois segue a ser imprescindible continuar coas excavacións, consolidar as zonas que están sen consolidar e deseñar percorridos para facilitar a visita e completar así os esforzos que fai o Concello que colocou unha acertada nova sinalética”.

VISITA AO CASTRO DE TROÑA

A primeira cita coas Xornadas sobre o Patrimonio do Condado espertou o interese do público
Hidalgo Cuñarro tamén realizou unha visita guiada ao castro de Troña

 

Ao longo desta primeira mañá tamén intervíu a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, para abordar a influencia da catedral de Tui no Patrimonio Medieval do Condado.

Mañá as xornadas comezan ás 10 horas co historiador Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) que falará dos petróglifos do Condado para dar paso ao arqueólogo Alberte Reboreda Carreira que nos achegará “unha ollada á toponimia e patrimonio cultural, o exemplo de Pesqueiras”.

Pola tarde terá lugar a visita guiada aos petróglifos de Gargamala (Mondariz) xunto a Xosé Lois Vilar Pedreira.

- Publicidade -spot_img