Inicio Vigo e área O Porriño A Concellería de Educación do Porriño promove por terceiro ano consecutivo o...

A Concellería de Educación do Porriño promove por terceiro ano consecutivo o intercambio de escolares franceses e porriñeses

A Concellería do Porriño promove por terceiro ano consecutivo o intercambio de escolares franceses e porriñesesPor terceiro ano consecutivo o Concello do Porriño realiza intercambios escolares ó abeiro do irmandamento que hai tres anos suscribiouse coa Municipalidade de Le Fronçac, por iniciativa de Lourdes Moure, concelleira de Educación que se materializou en 2017.

Tamén a partir de este ano, vanse consumar outros dous irmandamentos que canalizarán máis intercambios de escolares porriñeses con Croacia e Italia, segundo a planificación que leva a cabo a concelleira Moure Varela.

Como consecuencia, unha delegación de alumnos de secundaria da municipalidade francesa xa se atopa no Porriño onde permanecerán ata o venres 6 de marzo. Dende a súa chegada o pasado venres 28, xa fixeron un treito do Camiño Portugués a Santiago, entre Tui e Porriño. Hoxe martes realizaron unha visita a Santiago de Compostela e nos vindeiros días teñen programadas diversas actividades culturais e de lecer.

Como é habitual, estes alumnos franceses reciben aloxamento nas casas e coas familias de alumnos porriñeses dos centros de ensino que participan: “IES Ribeira do Louro”,  “Santo Tomás” e “Hermanos Quiroga”.  Os estudantes porriñeses realizarán a viaxe de devolución de visita a Francia, no vindeiro mes de abril.

A vista do éxito acadado por estes intercambios e de que cada vez son máis os alumnos e familias que queren participar, a concelleira Lourdes Moure avanzou que o Concello “está a darlle unha volta a este programa”.

A concelleira indicou a pais, profesores e alumnos que “haberá que idear unha fórmula de colaboración co Concello que ata de agora corre con todos os gastos o que, lóxicamente, limita o número de participantes que doutro xeito podería ser maior”. A concelleira de Educación indicou que o asunto falarase coa comunidade educativa xa que hai outros dous irmandamentos con Vrgorac (Croacia) e Pasiano di Pordenone (Italia) que suporán maior gasto.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies