Inicio Val Miñor Nigrán O IES Val Miñor recoñece a Ana Ulla Miguel co premio Muller...

O IES Val Miñor recoñece a Ana Ulla Miguel co premio Muller Científica 2020

O IES Val Miñor recoñece a Ana Ulla Miguel co premio Muller Científica 2020No acto de entrega no IES Val Miñor de Nigrán do III Premio Muller Científica á astrofísica Ana Ulla Miguel, estiveron presentes tamén o alcalde de Nigrán, Juan González e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que as universidades e os laboratorios están cheos de mulleres, pero que aínda son precisos “moitos máis referentes femininos para demostrar que o xénero non é impedimento para que as rapazas sexan tan boas matemáticas, científicas e tecnólogas como os seus compañeiros”.

“En todos os sistemas educativos europeos a promoción das vocacións STEM é prioritaria, así como avanzar na ruptura da fenda de xénero. A Consellería de Educación comparte esa vontade de promover as vocacións científico-tecnolóxicas, que están a permitir que Galicia medre como sociedade do coñecemento”, explicou. Aínda así destacou que é imprescindible a implicación de toda a comunidade educativa neste sentido.

A galardoada é astrofísica, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional. Ao longo da súa traxectoria participou en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis.

Nas dúas anteriores edicións deste galardón recoñeceuse o traballo da bióloga Iria González Vasconcellos e da científica África González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies