A partir do sábado día 1 de setembro os vecinos do Val Miñor gozarán dunhas instalacións completamente renovadas na piscina mancomunada de A Ramallosa.
O vindeiro sábado o centro abre as suas portas para que os abonados volvan a gozar desta zona de lecer e deporte que cambiou a súa maquinaria e mellorou as súas instalacións poñendo en marcha o programa deportivo para o presente curso escolar 2018-2019.
O presidente da Mancomunidade e alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou este xoves as instalacións, acompañado polos alcaldes de Nigrán Juan González e Ángel Rodal de Baiona, o técnico de Deportes de Baiona, Javi López, a concelleira de Deportes de Gondomar, Nuria Lameiro e Jorge Troncoso, director do centro.
Esta apertura coincide coa finalización das moitas obras e reformas realizadas no complexo, co propósito de acondicionar e mellorar todas as súas infraestruturas, segundo explicou Ferreira, “é para ofrecer a todos os veciños da mancomunidade un servizo actual e de máximas garantías que ofreza unha alternativa máis que interesante, polos seus servizos e prezos a toda a franxa de idades.”
As obras acometidas centráronse nos acondicionamentos de vestiarios, limpeza de vaso e tratamento de chans antiescorregadizos na praia da piscina, melloras informáticas, con acceso a wifi a todos os usuarios, mellora do sistema de renovación de aires, lavado e pintado dos seus espazos comúns e unha renovación importante do seu material didáctico, máquinas Cardio vasculares e de Fitness en xeral que se irá incorporando ao longo do presente mes de setembro. Con todo iso realizásense multitude de programas dirixidos e específicos para todos os usuarios.

Ferreira destacou “a implantación dun novo proxecto técnico para a natación, que a través do Programa “Nadar é Vida” da Real Federación Española de Natación, que garante que os nenos aprendan a nadar de forma correcta e nas mellores condicións. Na que os niveis serán susceptibles de acreditación pola RFEN”. Outro dos elementos tecnolóxicos que se implantan é a utilización da APP de Serviocio na que os usuarios poderán visualizar nos seus teléfonos as rutinas de adestramentos, horarios e demais actividades.
“A primeira quincena de setembro realizaremos unhas xornadas de portas abertas e gratuíta para que todos aqueles interesados poidan coñecer e realizar todas aquelas actividades que temos previsto desenvolver para o presente curso escolar” Francisco Ferreira.
Pola súa banda, o novo Gerente da instalación, explicóu que a inversión foi de más 260.000 euros e que durante el último mes se ha retirado toda la plaqueta de la piscina, aplicando un tratamiento antideslizante a toda la playa, se han renovado paredes, azulejos y pavimentos con materiales específicos para espacios.



