Inicio Vigo e área Vigo A Orquestra Vigo 430 presenta a súa programación para a temporada 2019-2020

A Orquestra Vigo 430 presenta a súa programación para a temporada 2019-2020

A Orquestra Vigo 430 presenta a súa programación para a temporada 2019-2020A ORQUESTRA VIGO 430 presenta a súa programación para a temporada 2019-2020, considerada polo seu director artístico como “a mellor en termos cualitativos” das que levan realizado ata este momento. O programa conta unha vez máis co apoio e colaboración do Concello de Vigo.

Ao respecto do programa, combina a achega de primeiras figuras da música europea xunto aos mellores profesionais galegos, reforzados co alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o que supón un plus para eles na súa formación. Haberá un concerto mensual, entre novembro de 2019 e maio de 2020, con recitais sinfónicos, música de cámara e sección de música barroca. Tódolos concertos terán lugar no Auditorio “Martín Códax” do CSMVigo.

Cabe destacar tres das citas: o 20 de decembro, cunha das maiores figuras da música clásica nestes momentos, o director e solista Maxim Rysanov; o 16 de febreiro contarán coa presenza da violinista Rosanne Philippens dirixindo a orquestra desde a posición de concertino, cun programa dedicado integramente a Beethoven; e o 20 de marzo, poderá gozarse de “A paixón segundo San Xoán de Bach” dirixida por unha das mellores especialistas de música barroca, Lina Tur Bonet.

Amais, a Orquestra Vigo 430 seguirán contando co programa “Escoitantes”, co que Cándido Cabaleiro ofrece sesións previas aos concertos para descubrir os programas de forma amena e accesible co fin de achegar este xénero ao público xeral. Neste obxectivo tamén se enmarca o prezo das entradas, entre 5 e 10 euros, para facelas accesibles a toda a cidadanía (á venda en eventbrite e www.vigo430.com).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies