Inicio Baixo Miño A Guarda Preto de 500 deportistas participarán na VI edición do Trail do Trega

Preto de 500 deportistas participarán na VI edición do Trail do Trega

Preto de 500 deportistas participarán na VI edición do Trail do TregaA Casa dos Alonso da Guarda acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, contando coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

Nesta VI edición, que terá lugar este domingo día 24 de novembro a partires das 9:30h da mañá se conta con varias opcións competitivas coma a Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.

Preto de 500 deportistas participarán na VI edición do Trail do Trega

A primeira en saír será a Andaina, cunha distancia total de 10kms e cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 9:30h da mañá, seguido da proba Advance 18k cun desnivel acumulado de 1100m e que sairá ás 10:00h e a Experiencie 12k cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 10:30h.

Todas as modalidades terán punto de saída e chegada dende a Alameda da Guarda, agardando unha asistencia de preto de 500 deportistas, estando inscritos xa máis de 360, destacando unha forte representación portuguesa e de persoas de máis de 12 provincias de toda España.

Preto de 500 deportistas participarán na VI edición do Trail do Trega

Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións seguen abertas ata o 20 de novembro na web www.traildotrega.com

Dende a organización do evento agradécese a implicación das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos para a limpeza dos diferentes camiños que se van a empregar neste evento deportivo, así como a colaboración do Concello da Guarda, Protección Civil do Rosal, GES da Guarda e Policía Local.

A Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, destacou a aposta decidida do Concello da Guarda co deporte, o que repercute en hábitos de vida saudable en contacto coa natureza, animando a todos os amantes do deporte a participar este domingo na proba.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies