Inicio Galicia Tanía Fernández, Tania Álvarez, Carlos Arévalo e Tono Campos os mellores do...

Tanía Fernández, Tania Álvarez, Carlos Arévalo e Tono Campos os mellores do piragüismo galego no 2019

Tanía Fernández, Tania Álvarez, Carlos Arévalo e Tono Campos os mellores do piragüismo galego no 2019O piragüismo galego reunirase o 21 do próximo mes para premiar aos máis destacados da tempada 2019

A xunta directiva da Federación Galega de Piragüismo acordou na súa última reunión os distintos premios correspondentes á tempada 2019, que será lembrada como unha das mellores da historia, con máis de 70 internacionais e un alto número de medallas. Os galardóns serán entregados na Gala do Piragüismo Gallego, que se vai a celebrar a celebrar o 21 de decembro.

Por primeira vez, a xente do piragüismo puido colaborar na elección dos mellores do ano, realizando unha enquisa que axudou ao ente federativo na adxudicación das distincións.

Así ben, o premio ao mellor deportista senior masculino compartirano Carlos Arévalo e Tono Campos, este último acaba de ser nomeado pola Xunta de Galicia como mellor deportista do ano. O éxito de Arévalo é a clasificación olímpica, despois de substituír in extremis a Cristian Toro no K4 500. O galardón para a categoría feminina, volve caer por segundo ano consecutivo á dupla formada por Tania Álvarez e Tania Fernández, as dúas medallas de prata no europeo e mundial de maratón non deixan lugar a dúbidas neste premio.

Na categoría sub 23, Luís Fernández e Pablo Graña comparten o mérito como mellores da tempada masculina, pola súa banda Ainhoa Lameiro recibirá o premio á mellor feminina.

O padeeiro de Ames Gabriel Pachón conseguiu o seu nomeamento como mellor deportista xuvenil masculino, a súa medalla de bronce no K1 200 no campionato do mundo faille merecedor deste premio.

No apartado feminino Carla Frieiro sumará o seu segundo premio consecutivo como mellor da tempada. Frieiro conquistou o bronce en K1 500 metros no pasado mundial xuvenil.

Un ano máis se fará entrega a Adrián Mosquera como mellor deportista paracanoe e como mellor deportistas de kaiak polo a Ainhoa Castro e Eva Ara.

O equipo técnico do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, formado por Daniel Brage, Daniel Costa e María Isabel García recibirá o premio ao mellor adestrador do 2019.

O equipo masculino do Kaiak Tudense leva o título de mellor conxunto nacional. As categorías de base teñen como vencedor ao Club Náutico Pontecesures, ou ao ser claro dominador tanto nas competicións nacionais como autonómicas.

O gran traballo realizado polo E. P. Ciudad de Pontevedra faille merecedor do premio ao mellor equipo polos seus resultados nas competicións das ligas galegas.

A modalidade de slalom déixanos como mellor club ao Club Deportivo Miño-Os Teixugos. Mentres que o Club Montaña Quixós faise co premio na categoría de Augas Bravas.

O conxunto de Piragüismo Penedo repite como mellor equipo na sección de Kaiak Polo. O premio ao labor arbitral recae nesta ocasión nas mans do veterano e incansable José Manuel Sánchez Moure “ Pachú”.

A mellor regata organizada neste 2019 é para o Descenso do Sil. A Copa de Galicia de Kaiak de Mar de Cabanas recibirá o accésit nesta ocasión.

Os medios de comunicación sempre importantes para a difusión do noso deporte, como non pode ser doutra maneira estarán presentes na gala dos mellores. Nesta ocasión a distinción recae sobre tres xornalistas da Radio Galega que sempre está pendentes dos éxitos dos nosos deportistas, Carlos Alonso (Zona Mixta) Alfonso Pardo (Convivir Deportivo) Roberto Carlos Carballo (Galicia en Goles). A campaña “ NON Contra a Violencia de Xénero” recibirá o premio á mellor colaboración.

A canguesa Teresa Portela recibirá a mención especial da Xunta Directiva pola súa traxectoria. A medalla de bronce no mundial de Hungría que supuxo a clasificación para os seus sextos JJOO, sumados a todos os anos de dedicación a este deporte fanlle máis que merecedora deste premio. Por último, a xunta directiva quere enxalzar a figura de dous deportistas como son Jesús Rodríguez León e Antonio Polo Campello, que ano tras ano seguen asistindo ás competicións sen baixarse do podio. Ademais Mario Guedes (Xefe de Servizos da Xunta) tamén será recoñecido polo seu traballo na provincia de Ourense.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies