O Museo Casa da Navegación de Baiona vai acoller a celebración da “Xornada sobre novos recursos mariños: Algas e holoturias” que están organizadas polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo—A Guarda
Data: 22 de novembro as 17:00 horas na Casa da Navegación de Baiona (Rúa Ventura Misa, 17)
**17,00h. Recepción de participantes
**17,15h. Presentación da Orde de axudas do FEMP e o GALP 7 por Helena Herebello, Xerente do GALP7
**17,30h. Algas e cambio climático por Cristina Piñeiro Corbeira. Universidade da Coruña
**18,00h. Holoturia, un recurso por descubrir por Tania Ballesteros Otero. Universidade de Vigo
**18,30h. Mesa redonda
Para máis información: galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal