spot_img
InicioBaixo MiñoA Oficina Municipal de Turismo de Tui duplicou o número de consultas...

A Oficina Municipal de Turismo de Tui duplicou o número de consultas con respecto a 2015

mais-de-16-mil-persoas-pasaron-en-agosto-pola-oficina-de-turismo-de-tuiMáis de 49.500 persoas pasaron dende maio a outubro pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

Durante os últimos seis meses máis de 49.500 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui para realizar algunha consulta ou demandar información turística do municipio ou da contorna, ou sobre o Camiño Portugués de Santiago. Do total de 49.517 consultas realizadas entre maio e outubro 38.449 foron turistas e 11.068 peregrinos.  Esta cifra duplica a rexistrada en 2015 nas mesmas datas cando se realizaron 24.757 consultas.

Entre maio e outubro deste ano o mes con maior afluencia foi agosto con 16.019 persoas. Deste total 10.480 foron turistas nacionais e 3.125 estranxeiros, e 828 peregrinos españois e 1.586 peregrinos estranxeiros. O segundo mes de maior afluencia foi xullo con 14.033 consultas das que 11.486 foron realizadas por turistas e 2.547 por peregrinos. En setembro a Oficina Municipal de Turismo recibiu a 9.529 persoas, cando no mesmo mes de 2015 pasaran pola mesma 3.556. Xa en outubro achegáronse ata  este punto de información turística 5.460 persoas, cando en 2015 foran 2.032. Mentres o mes de menor afluencia foi maio con 1.792 persoas.

Dende o Concello de Tui valórase de xeito moi positivo estes datos que reflicten a afluencia tanto de turistas coma de peregrinos á cidade neste ano, cunhas cifras que duplican na maior parte dos casos os mesmos datos de 2015. Ao tempo estas cifras plasman a gran proxección que está a ter o Camiño Portugués a Santiago xa que se pasou de 7.500 consultas de peregrinos de maio a outubro de 2015 a 11 mil no mesmo período deste ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.