spot_img
InicioVigo e áreaVigoA obra de Francisco Leiro chega ao MARCO

A obra de Francisco Leiro chega ao MARCO

A obra de Francisco Leiro chega ao MARCO O Museo de Arte Conyemporáneo de Vigo inaugurou onte a mostra “O antropomófico, 1986-2022” do artista cambadés que poderá visitarse ata o 16 de outubro na planta baixa do Museo

A inauguración da exposición contou coa presenza, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do comisario da mostra e director do MARCO, Miguel Fernández-Cid e o edil de Cultura, Abel Losada. O rexedor manifestou que quere manter a exposición do artista cambadés “o máximo tempo posible na cidade” e que “Vigo, e particularmente o MARCO, un lugar onde o desenvolvemento cultural é un camiño de exploración permanente nas novas formas de entender o arte”.

A mostra non é unha retrospectiva da súa obra, como explica o comisario da exposición, Miguel Fernández – Cid, aínda que presenta pezas de hai 3 décadas ata obras realizadas especificamente para esta exhibición

Esta exposición céntrase nun dos eixos da produción artística de Leiro: o antropomórfico. Sen afán cronolóxico, móstranse pezas xa realizadas entre 1986 e hoxe, ademais de obras de nova creación, específicas para a mostra.

Revista COUSAS DE Nº13

Para a composición, artista e comisario trazaron un diálogo entre a obra e os peculiares espazos da planta baixa do edificio. Leiro, con especial sensibilidade para iso, preparou obras coas que responder o reto do lugar

Esta é a primeira vez que Leiro expón na cidade, fóra do percorrido das galerías de arte privadas. A liña da exposición conflúe no panóptico do Museo, onde se atopa vista desde todas as perspectivas a impoñente presenza da Dama de Navalcarnero

Podemos atopar maquetas, colaxes e esculturas de granito, bronce e madeira de Leiro, obras integradas na arquitectura do MARCO. “O antropomórfico” reúne unha ampla selección de esculturas nas que Francisco Leiro outorga calidades ou trazos humanos a animais ou cousas, das súas pezas menos narrativas.

Leiro é o autor da obra escultórica do Sireno na Porta do Sol

Francisco Leiro

Está considerado como un dos artistas máis representativos do panorama artístico actual.

O escultor Francisco Leiro, elixido académico de Belas Artes

Nacido en 1957 en Cambados, Pontevedra, na actualidade vive e traballa entre Nova York, Madrid e Galicia.

GALERÍA DE IMAXES DA EXPOSICIÓN

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.