spot_img
InicioO SalnésCambadosO escultor Francisco Leiro, elixido académico de Belas Artes

O escultor Francisco Leiro, elixido académico de Belas Artes

Foto no Centro de Arte Contemporáneo de Malaga

Real Academia de Belas Artes de San Fernando elixiu ao escultor Francisco Leiro como académico de número pola sección de Escultura. Propuxeron a súa candidatura o arquitecto Alberto Campo Baeza, e os escultores Juan Bordos Caballero e Branca Muñoz, quen leu a laudatio.

Francisco Leiro (Cambados, Pontevedra, 1957), formouse na tradición familiar da artesanía en madeira e pedra, continuou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela onde entrou en contacto con artistas galegos surrealistas. Participou na corrente renovadora do grupo Atlántica e foi membro do movemento surrealista Foga.

En 1983 trasladouse a Madrid para participar nunha exposición na Galería Montenegro, dous anos máis tarde, representou a España na Bienal de Sao Paulo. O goce da Bolsa Fulbright en Nova York abriulle un novo camiño, comezou a traballar coa galería Malborough e as súas creacións entraron nos circuítos de arte contemporánea internacional.

Das súas viaxes a Grecia, e América Central absorbe a rixidez das esculturas arcaicas, a súa obra é herdeira da escultura universal. Inspirado na arte popular que lle rodea, subtrae do imaxinario colectivo ideas que toman forma en esculturas rotundas, bastas, orixinais.

Francisco Leiro “realiza esculturas como unha alegoría da vulnerabilidade e a fraxilidade humana”

Principalmente o seu interese céntrase na figura humana, pero Leiro tamén representa arquitecturas e escenografías nas súas composicións. Nas obras do escultor maniféstase o dominio da luz e dos materiais cos que traballa, a liberdade e forza que desprenden, convidan a ser contempladas desde todos os ángulos. Por esa forma de crear, unida á crítica social dalgunhas das súas obras, foi vinculado a correntes como o expresionismo e o surrealismo.

Desde 1986 as súas obras exponse regularmente en ARCO Madrid e participa en numerosas exposicións individuais e colectivas, sendo un referente da escultura contemporánea. Pódense contemplar obras de Francisco Lerio en espazos públicos tanto en España como no estranxeiro: ‘sireno’ na Porta do Sol de Vigo, Homenaxe a Castelao en Santiago de Compostela, o Astronauta, en Valdemoro (Madrid), e diversos museos e coleccións.

A súa longa traxectoria artística fíxolle merecedor de premios e galardóns como a Medalla das Belas Artes da CEOE (1989), a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2000), Premio das Artes na 11 Edición Galegos do Mundo (2003).

O conxunto escultórico de Leiro no porto
Unha das esculturas de Vigo máis emblemáticas é a de O Nadador: situado ao borde da Ría de Vigo é o impactante recoñecemento do escultor Francisco Leiro ao esforzo dos nadadores. Trátase dun conxunto escultórico de bronce formado por varias pezas que parecen parcialmente somerxidas no pavimento da zona portuaria de Vigo.
O Salto é a figura principal: situado nas Avenidas, xunto á Estación Marítima de Ría, mostra ao nadador a punto de afundir o seu brazo nunha brazada perfecta a crol. Preto desta fermosa estatua viguesa está precisamente a piscina do Real Club Náutico de Vigo, de onde saen algúns dos mellores nadadores da cidade.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.