Inicio Pontevedra A música une o Norte de Portugal e as Rias Baixas coa...

A música une o Norte de Portugal e as Rias Baixas coa presentación do evento “Atlántico Espress-Festivais Rias Baixas” na cidade de Porto

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

O evento de promoción turística “Atlántico Express”, promovido pola Deputación de Pontevedra esgotou as prazas do tren celta máis vangardista do ano, reivindica a conexión atlántica na música e na cultura

Turoperadores, axencias de viaxes e medios de comunicación do norte de Portugal renderon unha espectacular acollida á presentación do evento “Atlántico Express. Festivais Rías Baixas” que a Deputación de Pontevedra levou este sábado á cidade de Porto. Non quedou unha soa praza sen ocupar do tren celta que a institución, que preside Carmela Silva, converteu nun improvisado escenario durante as dúas horas de viaxe entre Vigo e a capital portuense, amenizado polos grupos “Best boy”, “Su Garrido Pombo” e “The Partisan Seed” e a degustación de produtos das Rías Baixas organizada por “O sentido dos Viños”

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

 

Representantes dos sete festivais acompañaron á Presidenta da Deputación, Carmela Silva, aos deputados de Cooperación e Cultura, David Regades e Xosé Leal, ademais do Vicecónsul de Portugal en Galicia, alcaldes das localidades dos festivais, como os de Caldas e A Illa de Arousa, ou concelleir@s de Nigrán, Vilagarcía, Vigo ou Bueu, medios de comunicación e moitos pontevedreses que quixeron unirse a esta iniciativa da Deputación, que igualmente contou coa colaboración de “Serralves en Festa”, “Milhoes de Festa” e Amplifest de Porto ou o Marco de Vigo.

Presentación Festivais Rías Baixas

comillasA presentación de RíasBaixasFests realizouse en “Maus Hábitos”, un dos locais multiculturais máis vangardistas do Porto onde os asistentes puideron ademais gozar coas excelencias turísticas da provincia a través de varios vídeos, actuacións musicais, degustacións e presentación

Na súa intervención, a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestou un “enorme orgullo pola excepcional acollida a este evento de promoción turística máis aló do Miño, unha viaxe chea de maxia, de talento e de modernidade” e aproveitou a presentación para dar a coñecer non só “esta experiencia inédita de colaboración de sete festivais das Rías Baixas que se poñen de acordo para poñer o nome do Sur de Galicia máis aló de calquera frontera”, senón tamén para convidar a turoperadores, axencias e medios de comunicación portugueses a que non se perdan “as innumerables razóns que existen para visitarnos”

 comillasCarmela Silva fixo un canto á “identidade atlántica e ás sinerxias” e apostou pola colaboración entre Rías Baixas e o norte de Portugal para converter os festivais da eurorrexión “nunha referencia internacional de talento e modernidade”

Silva enumerou algunhas das apostas turísticas que o novo goberno da Deputación de Pontevedra está a poñer en valor este ano como a arquitectura contemporánea que se promocionou en Fitur, o evento “62 razóns” ou a ruta da Camelia, ademais “das festas medievais, as cidades históricas, praias de ilusión, rutas de sendeirismo, vilas termais, espazos protexidos, patrimonio etnográfico e tantas outras cousas que fan que tradición e modernidade compaxinen perfectamente nas Rías Baixas”

comillasA iniciativa “Festivais Rías Baixas, sete citas que non deberás perder” está integrada polos eventos musicais Cultura Quente (24 e 25 de xuño, Caldas de Reis), Atlantic Fest (1 a 3 de xullo, A Illa de Arousa), PortAmérica (15 e 16 de xullo, Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (22 a 24 de xullo, Redondela), SonRías (4 a 6 de agosto, Bueu), O Marisquiño  (12 a 14 de agosto, Vigo) e Revenidas (19 a 21 de agosto, Vilagarcía de Arousa).

A Presidenta da Deputación agradeceu aos promotores dos sete festivais “o seu talento e o seu valor para poñerse de acordo da man dos concellos,  sendo eventos de diferente entidade con públicos diferenciados, para buscar un obxectivo común, sumar sinerxias e traballar de forma colectiva”. Silva avogou por “profundar aínda máis nesta forma diferente de facer as cousas para lograr ser un punto de referencia e que estes eventos convértanse na nosa imaxe de excelencia e un enorme reclamo para os nosos visitantes”. A Presidenta provincial terminou a súa intervención expresando o seu desexo de que sexamos capaces de promover unha gran zona de atracción que converta aos festivais  Rías Baixas e os do norte de Portugal “nunha referencia internacional”. E citou a Saramago: A viaxe non termina xamais, só os viaxeiros terminan e tamén eles podes subsistir na memoria, no recordo, na narración. O obxectivo dunha viaxe é só o inicio doutra viaxe. “Pois ben, dixo Silva, que esta viaxe sexa o inicio doutra gran viaxe entre as Rías Baixas e Porto, Porto e as Rías Baixas”

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

En nome dos promotores dos sete festivais das Rías Baixas, Xullo Gómez, tamén avogou por recuperar o traballo conxunto entre o sur de Galicia e o norte de Portugal como xa se fixo no pasado con profesionais portugueses de Porto, Lisboa, Famaliçao, Braga ou Guimaraes. “Se queremos podemos, porque tivemos experiencias anteriores das que tiñan celos ata en Barcelona”, dixo Gómez, que puxo de manifesto que o máis importante deste evento “é a colaboración entre promotores destes sete festivais, a organización de Serralves ou o Marco e dos  festivais portigueses cos que compartimos artistas”. O portavoz de Festivais Rías Baixas  expresou o seu desexo de conseguir para o próximo ano un proxecto común “con mais trens que circulen en ambas as direccións. A identidade atlántica vai desde A Coruña ata o Algarve. Consideraría un fracaso se isto queda neste evento e non somos capaces de traballar conxuntamente para o futuro entre Galicia e Norte de Portugal”

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

Na presentación en “Maus Hábitos”, o Vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Carreira Da Silva, agradeceu expresamente á Presidenta, Carmela Silva, “a súa deferencia por querer levar a Porto esta promoción,  e expresou a súa intención de traballar para que o ano próximo tamén os portugueses poidan presentar os seus festivais nas Rías Baixas. Carreira Dá Silva convidou a todos os seus compatriotas a non deixar de visitar Rías Baixas. “Levo case un ano de cónsul en Galicia e podo dicirlles que a miña vida alí é un festival desde que cheguei. Non coñezo un pobo máis aberto, simpatico e amante da festa. Non fai falta escusa algunha para convidar os portugueses a visitar as Rías Baixas. É máis, engadiu, se algún vai e non lle gusta que me bote a culpa a min. É un lugar excepcional”

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

Ademais de participar na presentación de RíasBaixasFests, os viaxeiros de AtlánticoExpress, o tren celta fretado pola Deputación de Pontevedra, aproveitaron para percorrer a cidade de Porto antes de volver á provincia de Pontevedra na viaxe de volta que foi novamente amenizado a bordo do tren coas actuacións musicais e as degustacións de produtos galegos e portugueses.

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

musica-une-o-norte-de-portugal-e-as-rias-baixas-coa-presentacion-do-evento-atlantico-espress-festivais-rias-baixas-na-cidade-de-porto

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies