Inicio Pontevedra O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0 desenvolverá ao...

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0 desenvolverá ao longo de xuño 36 obradoiros sobre as TIC

Deputación-Pontevedra-concede-16.600-euros-4-asociaciones-colectivos-Val-Miñor-Baixo-Miño

Os cursos impartiranse nos centros da rede, situados en Pontevedra, Vigo, Cambados, Lalín, Ponteareas e O Porriño

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros  dentro da súa programación de eventos informativos sobre as TIC. Este proxecto, un servizo de asesoramento TIC para as empresas, está composto por unha rede de seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.

En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros serán “Xestiona o teu negocio dende o móbil” (o martes 7), “Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico” (o luns 13), “Vén descubrir qué son e para qué serven as redes sociais” (o xoves 16), “Sácalle partido á túa conta de Gmail” (o martes 21) e, por último, “Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…” (o mércores 29), todos en horario de 19:00 horas. A eles haberíaselle que engadir o de “A túa información sempre á man, almacenamento na nube” que tivo lugar o pasado día 2.

En Lalín, no Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000, “Redes sociais para a venda” (o luns 6), “Como mellorar a percepción da túa clientelas cos teus e-mails?” (o xoves 9), “A túa páxina web en menos de 90 minutos” (o martes 14), “Facebook Ads” (o luns 20), “Saca as túas fotografías para o comercio electrónico” (o mércores 22) e, por último, “Como empregar Google e Google Apps for Business” (o martes 28), todos en horario de 19:00 horas.

No concello do Porriño, no Multicentro municipal, as actividades serán as de “Sácalle partido á túa conta de Gmail” (foi o sábado 4 ás 11:00 horas), “Vén descubrir qué son e para qué serven as redes sociais” (o venres 10), “Google Analytics: iniciación á analítica web” (o martes 14), “Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas ao pagamento” (o xoves 16), “Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS” (o luns 20) e “Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas” (o xoves 30), todas elas, agás a primeira, a partires das 19:00 horas.

No caso de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, as actividades serán “Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas” (o mércores 8), “Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais” (o mércores 15), “Saca as túas fotografías para o comercio electrónico” (o venres 17 ás 13:00 horas), “LinkedIn: a túa rede de networking” (o xoves 23) e, por último, “Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións” (o luns 27). Todas elas, agás onde se indicou o contrario, comezarán ás 19:00 horas. Con anterioridade, a vila tamén acolleu o curso “Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite” o pasado 2 de xuño.

En Pontevedra, os obradoiros do CPAE 2.0 neste mes comezan o sábado 11 ás 11:00 horas con “Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO” e seguirán con “Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite” (venres 17), “Como empregar Google e Google Apps for Business” (o mércores 22), “Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións” (sábado 25 ás 11:00 horas), “Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google?” (o martes 28) e, para rematar, “Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico” (o xoves 30). Agás nos casos nos que se indicou o contrario, o horario de inicio dos obradoiros é as 19:00 horas, e todas elas serán desenvolvidas no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.

En último lugar, en Vigo (na sede da Deputación de Pontevedra) impartiranse os obradoiros “Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico” (o martes 7), “A túa información sempre á man, almacenamento na nube” (o luns 13), “Como empregar Google e Google Apps for Business” (o sábado 18), “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais” (o mércores 22) e “Xestiona o teu negocio dende o móbil” (o mércores 29), todas elas a partir das 19:00 horas agás a celebrada durante o sábado, que comezará ás 11:00 horas. Con anterioridade, Vigo tamén acolleu o pasado venres 3 de xuño o obradoiro “Coñece as últimas solucións TIC para a xestión de reservas”.

As persoas interesadas poderanse inscribir e obter información a través da páxina web www.cpae20.depo.es, previo rexistro, e o teléfono 886 20 20 20.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies