spot_img
InicioBaixo MiñoTui e o O Porriño acollerán o Campionato de España de Baloncesto...

Tui e o O Porriño acollerán o Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino

tui-e-o-o-porrino-acolleran-o-campionato-de-espana-de-baloncesto-infantil-feminino

O Campionato Nacional de clubs, na categoría infantil feminino de baloncesto, se disputará nas localidades de Porriño e Tui, entre o 12 e o 18 de xuño, xogándose os encontros nos pavillóns deportivos municipais das dúas localidades.

Esta será a segunda ocasión na que o noso concello albergue, conxuntamente con Porriño, a organización dun Campionato de España de Baloncesto, dado que no ano 2011 se disputou o da categoría júnior masculino.

Trinta e dous equipos participarán ao longo da semana nesta competición, cuxo sorteo foi celebrado o mércores na casa do concello do Porriño, coa presenza do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, do concelleiro de deportes de Porriño, Manuel Carrera, do concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, así como do responsable da Federación Española de Baloncesto, David Aurich, e os presidentes do Club Baloncesto Porriño e Club Baloncesto Tui.

tui-e-o-o-porrino-acolleran-o-campionato-de-espana-de-baloncesto-infantil-femininoO pavillón deportivo municipal novo de Tui albergará partidos o domingo 12, o luns 13 e o martes 14, en horario de 10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas, sendo o resto de partidos disputados na localidade veciña.

Así, na nosa cidade competirá o equipo campión do ano pasado, Snatt`s Femení St. Adriá, así como o Sant Josep, o Movistar Estudiantes, DKV Puerto, AD Infante, Perfumerías Avenida de Salamanca, Aranguren Multibasket e o terceiro equipo clasificado do País Vasco.

Na próxima semana empezarase a notar ambiente de baloncesto en Tui, dado que moitos dos trinta e dous equipos participantes, estarán aloxados en hoteis da nosa cidade. Por isto, o Concello de Tui da a benvida a todos os participantes e acompañantes deste campionato, esperando que teñan unha estancia agradable nas localidades veciñas de Tui e Porriño.

- Publicidade -spot_img