·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA música, o teatro e a danza serán os grandes protagonistas da...

A música, o teatro e a danza serán os grandes protagonistas da programación cultural de Tui para este outono

Danza, teatro e música nos dez espectáculos programados este outono no Teatro Municipal de TuiEste venres, 1 de outubro, comeza no Teatro Municipal de Tui, a programación Cultural de Outono conformada por dez espectáculos de danza, teatro e música dirixidas tanto a público adulto coma infantil.

A presentación desta programación tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

Están xa á venda en www.tui.gal as entradas para todos os eventos previstos entre o 1 de outubro e o 3 de decembro

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, referiuse a programación presentada esta mañá coma “moi ambiociosa” con “contido de calidade” e amosou o compromiso do Concello de Tui coa cultura avanzando que seguirán traballando en vindeiras citas e programacións. Aproveitou o rexedor tudense para facer un chamamento a ampliación dos aforos indicando que “creo que a mellor noticia para o mundo da cultura, xa acorde coa evolución da pandemia no país , sería que se empecen a dar pasos de permitir os aforos completos” coma se está a facer con outros ámbitos xa que dicía que “estamos falando de que a cultura é moi segura, pola propia natureza dos espectáculos”. Salientaba que esta sería a mellor noticia “porque necesitamos que o sector cultural, duramente castigado durante a pandemia, volva recuperarse. O necesita o sector cultural e o necesitamos todos, porque é unha cuestión cultural, de dinamización social e económica”.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba que tras a programación do verán “comezamos a programación de outono este venres, 1 de outubro, cunha obra de Marta Alonso, con tres Premios María Casares, comezamos cun evento de luxo, e remataremos o 3 de decembro con algo novidoso para o concello de Tui coma é un evento lírico da man de Camerata Lírica”. Engadía que “esta programación vai dirixida a todo tipo de público, con diversidade de espectáculos, teatro, danza, música,… con obras impresionantes” detallando cada un dos eventos previstos. A concelleira explicaba que o aforo no teatro tudense será do 45%, é dicir 250 butacas, para que “o público se sinta cómodo”. E coma novidade anunciaba a posta á venda dende hoxe das entradas para todos os espectáculos.

Jacobo Sutil, o director da AGADIC, incidiu na “calidade e cantidade da actividade cultural” do Concello de Tui”  destacando “o coidado co que se fan as cousas, con dialogo continuo connosco, facendo que a cultura siga sendo segura”. Sobre a programación presentada esta mañá destacaba que inclúe danza, teatro e música para público infantil e para público adulto “o que fala das distintas sensibilidades que está a cubrir esta programación” e dicía que “exemplifica todas as posibilidades que dende a Xunta de Galicia ofrecemos de programación en colaboración con Concellos”. Nese senso aludía ao concerto de Amancio Prada da man do Xacobeo, o CDG que iniciará a xira en Tui, o Centro Coreográfico Galego que estará presente coa coprodución con Marta Alonso, e a presenza de espectáculos a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Dez espectáculos conforman esta programación cultural

Marta Alonso con “Bailar Alonso” será a encargada este venres, 1 de outubro, de abrir esta programación cun espectáculo  de danza contemporánea que recibiu tres Premios María Casares. A danza volverá a estar presente, para público infantil, o 12 de novembro con Transpediante con “Nina Ninette”.

O teatro, para público adulto, chegará da man de Ibuprofeno Teatro con “O Mel non caduca” o 15 de outubro, e co Centro Dramático Galego que iniciará en Tui a xirada de “O Charco de Ulises” o 5 de novembro. O público infantil poderá gozar coas obras teatrais “Aibó” de Compañía Eléctrica o 8 de outubro, e con La Canica e “Orfeo” o 26 de novembro, nun epectáculo que recibiu o Premio Fetén 2020 á mellor proposta dun clásico.

Dous son os concertos previstos nesta programación de outono. Amancio Prada actuará no Teatro Municipal o 2 de novembro con “Camiño do Meu Contento”, e Tanxugueiras chegará na xira de “Contrapunto” o 19 de novembro. Amais Golfiños achegará o concerto infantil “O soño dos golfiños” o 22 de outubro.

Coma novidade pechando a programación Camerata Lírica presentará o 3 de decembro “La Boheme, concerto escenificado”.

Os espectáculos para público infantil comezarán ás 19.30 h e para público adulto ás 21.30 h

As entradas para todos os espectáculos están xa á venda en www.tui.gal ao prezo de 8€ e 6€ para as actividades dirixidas a público adulto, e 4€ e 3€ para as destinadas a público infantil.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies