·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda600 participantes percorrerán os 15 quilómetros entre Oia e A Guarda nunha...

600 participantes percorrerán os 15 quilómetros entre Oia e A Guarda nunha nova edicón da 15K do Atlántic

600 participantes percorrerán os 15 quilómetros entre Oia e A Guarda nunha nova edicón da 15K do AtlánticA VIII 15K do Atlántico Banco Mediolanum, que terá lugar o próximo domingo con saída en Oia e chegada na Guarda co paso polo Rosal, entra nunha nova dimensión e da un empuxón máis para o “regreso á nova normalidade deportiva”.

“O deporte é saúde”, coincidiron en firmar todos os presentes no acto de presentación da proba deportiva na mañá deste martes no Porto da Guarda. Serán, como é habitual, 15 quilómetros de percorrido. Ademais, organizouse unha andaina na que poderán participar 100 persoas. Doarase un euro por cada inscrito para a Asociación Bicos de Papel, a través do proxecto solidario de Banco Mediolanum. Ademais, abriuse un reto solidario na plataforma “Mi Grano de Arena” para sumar máis doazóns.

Serán 600 os participantes e aínda queda algunha praza libre. A saída terá lugar ás 11 da mañá e o protocolo sanitario que se aplicará será o de facer saídas separadas no tempo. Realizaranse en grupos e cun intervalo de 30 segundos entre eles. Serafín Martínez, director deportivo da proba, sinalou que “esta carreira está consolidada e iso é moi importante. Chegar á oitava edición non é doado e é vital o apoio que se recibe, tanto de dos deportistas como dos patrocinadores”. Tamén desvelou que o percorrido tradicional sufrirá unha lixeira modificación no tramo inicial.

O reto solidario de Banco Mediolanum permitirá recadar fondos para a Asociación Bicos de Papel.

As institucións públicas tamén apostaron pola 15K Atlántico Banco Mediolanum, tal e como fixeron dende a primeira edición. Cristina Correa, alcaldesa de Oia, resaltou que “a saída será nun escenario único: un mosteiro ao carón do mar. Isto xa convirte a proba en moi especial para nos”. Pola súa parte, Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal, insistiu que “esta proba é unha gran experiencia deportiva cunha zona con parte de costa”. Pola súa parte, Antonio Lomba, alcalde da Guarda, insistiu en que “é un día para gozar e é un novo paso máis para o regreso á normalidade”.

Ivonne Pousa, manager territorial da zona norte de Banco Mediolanum, recordou os inicios da proba, cando se realizou un gran esforzo para sacala adiante: “Foi un esforzo moi importante, pero mereceu moito a pena. A filosofía mantense vixente e ademais trasladouse a outras competicións similares noutros lugares de Galicia”. Nesta edición, a través do proxecto solidario Mediolanum Aproxima, colaborarase con Bicos de Papel, asociación que axuda aos nenos oncolóxicos co fin de apoialos e axudarlles na súa reinserción escolar. Ademais, a Delegación da Fundación Mediolanum duplicará as doazóns acadadas, entre 2.000€ y 5.000€.

A VIII Atlántico Banco Mediolanum, que conta co apoio dos concellos polos que transcorre a proba, da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e Froiz, tamén ten coma un dos seus obxectivos a promoción do Camiño Portugués pola Costa, un gran atractivo turístico. Os 600 atletas farán o percorrido polos espectaculares escenarios nunha proba xa considerada como emblemática.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies