spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Mancomunidade do Val Miñor solicita unha nova Edición do Obradoiro de...

A Mancomunidade do Val Miñor solicita unha nova Edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”

Concello-Nigrán-informa-Fegamp-idoneidade-Residencia-Tempo-Libre-Patos-acoller-refuxiados-sirios

O proxecto formativo conta cun orzamento de 384.000 euros, dos que o organismo comarcal aporta 6.000

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (MVM) solicitou á Xunta de Galicia unha nova convocatoria do obradoiro de emprego “Terras do Miñor”. Técnicos dos tres municipios traballan xa na petición deste proxecto formativo, incluído dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, e que conta cun orzamento de 384.201 euros, dos que a MVM aporta 6.000.

comillasUnha nova especialidade, “Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais”, súmase ás impartidas en anos anteriores

Como novidade, nesta quinta edición, ás especialidades de “Servizos de restaurante”, “Operacións básicas de cociña” súmase “Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais”, onde os alumnos poderán realizar prácticas en instalacións dos concellos de Baiona e Gondomar.

En total, 45 persoas desempregadas da comarca poderán beneficiarse destes cursos (15 por formación), cuxo obxectivo é falicitar a empregabilidade dos participantes. Este propósito estase a cumprir con éxito, xa que en edicións anteriores entre un 75% e un 85% dos alumnos lograron incorporarse ao mundo laboral.

“Terras do Miñor V” terá unha duración de seis meses (de setembro de 2016 a marzo de 2017) e contará cunha parte teórica, que se impartirá en instalacións das tres localidades miñoranas, e outra práctica que, no caso das especialidades de hostalería, se levará a cabo na Residencia de tempo libre de Patos.

comillas“A vantaxe destes obradoiros é que permiten obter un certificado de profesionalidade e optar a un emprego, xa que o concluír o proxecto organízase unha xornada de portas abertas dirixida a empresarios da zona,  permitindo a posible contratación dos alumnos”, subraia Juan González, presidente da Mancomunidade e alcalde de Nigrán

Esta actividade con potenciais empregadores pon o broche ás múltiples accións programadas no obradoiro “Terras do Miñor”. Outras actuacións previstas na parte técnica de “Operacións básicas de cociña” e “Servizos de restaurante” son o comedor social, dirixido a persoas da comarca con escasos recursos, na que os alumnos-traballadores preparan o comedor, os menús e realizan o servizo en mesa; menús saudables para a terceira idade e rapaces de centros educativos dos tres concellos e a celebración de festividades sinaladas, como o Entroido, Samaín ou o Día da Muller.

“O importante é que as persoas desempregadas que integran este proxecto formativo adquiran a experiencia e capacidades necesarias para incrementar as súas opcións laborais”, conclúe o presidente da Mancomunidade.

 

- Publicidade -spot_img