Inicio Pontevedra Baixo Miño Trinta actividades conforman o calendario deportivo da Eurocidade para 2016

Trinta actividades conforman o calendario deportivo da Eurocidade para 2016

Presentación actividades deportivas Eurocidade (1) (Copiar)

O calendario deportivo para 2016 da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado esta mañá na Casa do Concello de Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, e os responsables de deportes dos dous municipios, Laureano Alonso e José Monte, foron os encargados de dar a coñecer as actividades previstas xunto ao concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o representante do equipo de veteranos do S.C. Valenciano, Antonio Oliveira, o director técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández,  e o representante de Celtas do Minho, Bruno Gonçalves.  O acto contou tamén coa asistencia de membros dos distintos clubs e entidades deportivas participantes neste calendario.

comillas“Este programa é o máis importante e máis intenso de  carácter transfronteirizo que existe na península ibérica”  destacou o alcalde de Tui 

No acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que o calendario deportivo que se presenta “é o máis importante e máis intenso de  carácter transfronteirizo que existe na península ibérica, e pode que en Europa poucos exemplos similares se poden dar”. Isto é así segundo o rexedor tudense por unha banda pola iniciativa social importante dedicada ao deporte, polo patrimonio cultural e natural que ten a Eurocidade e porque se dan as condicións xeopolíticas coa marca Eurocidade consolidada.

comillas“A piques de cumprir os seis anos da súa constitución, a marca Eurocidade é unha marca politica consolidada” sinalou Jorge Salgueiro Mendes, presidente da Câmara de Valença 

O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, destacou precisamente a “marca Eurocidade” coma marca política consolidada a piques de cumprir os seis anos da súa constitución. Sinalaba que con traballo e dedicación é posible concretar proxectos coma o da Eurocidade, e se marcan puntos na axenda deportiva, cultural, e política. Afirmaba amais que a Eurocidade en Europa é un referente en cooperación transfronteiriza.

Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, destacou que haberá case tres eventos ao mes sumando unha trintena de actividades ao longo do ano. Afirmo que a Eurocidade é un exemplo de dinamismo e actividades deportivas agardando que teñan unha gran acollida.

trinta-actividades-conforman-o-calendario-deportivo-da-eurocidade-para-2016

José Monte, vareador de Deportes de Valença, salientaba que tras cinco anos ten crecido o número de actividades, con 14 modalidades deportivas,  e o interese que esperta a oferta conxunta das dúas cidades. Engadía que estes eventos poñen en valor o territorio con espazos coma o río Miño, os montes Aloia e Faro, e os equipamentos deportivos.

Pola súa parte o representante do equipo de veteranos do S.C. Valenciano, Antonio Oliveira, agradeceu o feito de que o fútbol 11 veteranos se incorpore a este calendario coa Taça San Teotonio e a Copa San Telmo que se fan coincidir coas festas locais dos dous municipios.

O director técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández,  citou que o obxectivo este ano é superar os mil participantes nesta proba que se vai celebrar o 6 de marzo. Este ano ofertan de novo dous percorrido de 45 e 69 kms con novos traxectos.

comillasPor último  o representante de Celtas do Minho, Bruno Gonçalves, salientou que entre as novidades que este ano presenta o Circuíto de Andainas Saudables está por unha banda o feito de que será preciso inscribirse previamente para participar, e por outra a que haberá unha andaina ao mes, así coma en territorio tudense serán guiadas polo club AndaTui RegodaPedra.  Serán un total de dez percorridos o primeiro deles o 13 de marzo polo Trihlo de Pescadores e o último o 13 de novembro polo Trilho das dúas Bandas.

O Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença comezará esta mesma fin de semana coa celebración da I Taça San Teotonio de fútbol 11 veteranos, unha competición que se incorpora as actividades conxuntas de Tui e Valença. No mes de marzo comezará a celebrarse o V Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade cunha camiñada mensual ata novembro. Tamén en marzo se vai disputar a V Eurocidade BTT e o II Torneo de Baloncesto Eurocidade. En abril a cita será de novo co fútbol veterano coa I Copa San Telmo, e en maio celebrarase o II Rallie Eurocidade e o II Big Ride Eurocidade. En xuño contémplase o a V Eurocidade 10, o II Torneo de Judo Eurocidade e o III Campionato de Kung Fu Eurocidade. A VI Travesía a Nado Eurocidade será a cita no mes de xullo, mentres que en agosto terá lugar o V Trofeo de Balonmán Eurocidade, o II Festival Aéreo e parapente Eurocidade, e coma novidade o I Descenso de Boyas Eurocidade.  No mes de setembro disputarase o V Torneo de Fútbol 7, o III Trofeo de Hockey e o III Torneo de Tenis. En outubro comezará a liga de Fútbol Sala Saudable que se prolongará ata maio de 2017. Pechan este calendario o III Torneo de Baile Deportivo e o I Urban Trail Night en novembro e o II Torneo de Xadrez en decembro.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies