spot_img
InicioReportaxesOs Carnavais máis famosos do mundo e o Entroido en Galicia

Os Carnavais máis famosos do mundo e o Entroido en Galicia

concello-Soutomaior-abre-prazo-inscripción-programa-actividades-Entroido-2015O carnaval ou entroido (en Galicia dise das dúas maneiras), é unha celebración que ten lugar inmediatamente antes do inicio da coresma cristiá, que se inicia á súa vez co Mércores de Cinza, que ten data variable (entre febreiro e marzo segundo o ano).

O entroido combina algúns elementos como disfraces, desfiles, e festas na rúa. Por extensión chámanse así algunhas festas similares en calquera época do ano. A pesar das grandes diferenzas que a súa celebración presenta no mundo, a súa característica común é a de ser un período de permisividade e certo descontrol. Nos seus inicios, probablemente cun certo sentido do pudor propio da relixión, o Entroido era un desfile en que os participantes vestían disfraces e usaban máscaras. Con todo, o costume foi transformando a celebración ata a súa forma actual.

A orixe da súa celebración parece probable das festas pagás, como as que se realizaban en honra a Baco, o deus do viño, as saturnais e as lupercales romanas, ou as que se realizaban en honra do touro Apis en Exipto. Segundo algúns historiadores, as orixes desta festividade remóntanse ás antigas Sumeria e Exipto, hai máis de 5000 anos, con celebracións moi parecidas na época do Imperio romano, desde onde se expandiu o costume por Europa, sendo levado a América polos navegantes españois e portugueses a partir do século XV. Con todo, a festa do entroido tal e como a coñecemos hoxe en día só comezou a existir con total seguridade a partir de século VII, data na cal se teñen probas escritas da súa existencia.

O entroido, aínda que é necesario salientar que a Igrexa non o admite como celebración de ton relixioso, está asociado cos países de tradición católica, e en menor medida cos cristiáns ortodoxos orientais; as culturas protestantes teñen tradicións modificadas, como o entroido danés.

Unha vez ao ano, e sen que sirva de precedente, ou quizá si, desfiles, festas e disfraces embriagan as cidades máis carnavaleras do mundo, algunhas con tantas tradición que nos pareceu interesante enumeralas a continuación. Por se tedes a fortuna de acudir a algunha delas en datas tan sinaladas e gozar ao grande.

O Carnaval no Mundo:

1. Río de Janeiro (Brasil)

O Carnaval por excelencia. O da samba, a caipirinha e os excesos. Un dos máis internacionais, senón o que máis. Simplemente espectacular.

2. Venecia (Italia)

O Carnaval de Venecia non ten nada que ver co anterior e con case ningún do mundo. Tranquilo e elegante, quen participa nel visten con máscaras e traxes de época do século XVII.

3. Nova Orleans (EEUU)

Ao Carnaval de Nova Orleans coñéceselle como o Mardi Gras ou Fat Tuesday. É famoso o seu desfile final e foi instaurado en 1827 por un grupo de estudantes a imitación doutras celebracións vividas en París.

4. Barranquilla (Colombia)

É o Carnaval máis grande do mundo tras o de Río e o seu interese folclórico e cultural está fóra de toda dúbida. Entre outros recoñecementos conta co de ‘Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intangible da Humanidade’ da Unesco.

5. Niza (Francia)

A Costa Azul tamén se engalana para gozar do Carnaval. A animación nos barrios é constante mentres dura. Se acodes, aproveita para degustar a excelente gastronomía da zona.

6. Oruro (Bolivia)

Histórico, relixioso, intercultural e moi creativo. Quizá non sexa o máis coñecido, pero non será porque non o merece. Sen dúbida, unha atracción turística do máximo nivel.

7. Santa Cruz de Tenerife (España)

O de Santa Cruz de Tenerife é, xunto ao de Cádiz, o Carnaval máis popular de cuantos celébranse en España. Poderiamos definilo como alegre, multitudinario, acolledor e tremendamente vistoso e divertido.

8. Colonia (Alemaña)

Tamén chamado ‘a quinta estación do ano’, é un dos eventos culturais máis importantes de Alemaña. Son especialmente populares as cabalgatas do luns de carnaval (Rosenmontag).

9. Veracruz (México)

Din del que é o carnaval máis alegre do mundo e non nos estraña tendo en conta que a festa se inicia coa ‘queima do mal humor’.

10. Nothing Hill (Inglaterra)

O barrio londiniense de Nothing Hill é famoso polos seus carnavales, estreados nos anos 60 do pasado século XX e extraordinaria homenaxe á cultura caribeña.

O Entroido en Galicia:

O Entroido galego (tamén chamado Antroido o Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación. Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición.

Hoxe a importancia do Entroido é tal que oito carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de “Festa de Interese Turístico”. E máis de 175 municipios de Galicia declararon festivo o Luns ou Martes de Entroido ou o Mércores de Cinza. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir.

Iso si, convén ir disfrazado… do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de se divertir. Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns lategazos; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que invitar a una rolda de vinos. É a lei.

Hai tamén outra lei que se cumpre estritamente: a dos banquetes gastronómicos. Porque en Galicia o Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de gorentosos pratos, perfecta para reparar forzas, que ten como protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garavanzos. De sobremesa, filloas, orellas, bica; e de remate, un bolicor café. O mellor do mundo.

os-carnavais-mais-famosos-do-mundo-e-o-entroido-en-galicia

 

En Galicia hai sete entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico. Dúas son Festas de Interés Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas) e o Entroido de Verín (cos cigarróns). Cinco delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seuspeliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla),  o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), osXenerais do Ulla e o Entroido de Maceda (cos felos).

Fuente: Turgalicia, Wikipedia, Carnaval de Río,Saberia , Shutterstock.com

- Publicidade -spot_img