spot_img
InicioO MorrazoBueuA Mancomunidade do Morrazo entrega os premios do Reto de Ecoembes a...

A Mancomunidade do Morrazo entrega os premios do Reto de Ecoembes a tres colectivos sociais

A Mancomunidade do Morrazo entrega os premios do Reto de Ecoembes a tres colectivos sociaisOs concellos doaron 1000 euros a asociacións que realizan un “enorme labor social na vila”, como Apropark, Adicam e Afamo

Revista COUSAS DE nº14

A Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu acolleu este mércores, 13 de xullo, o acto de entrega dos premios aos colectivos sociais da comarca, acadados logo de que se superase a campaña “Recicla e únete ao Reto!”, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, que se implementou na Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Félix Juncal, alcalde de Bueu e presidente actual do ente supramunicipal, salientou que “sempre levamos a cabo iniciativas para incrementar as ratios de reciclaxe, e esta é moi fermosa porque ademais nos permite axudar con premios económicos a tres colectivos que levan a cabo un enorme labor social na comarca”.  Pola súa banda, Bruno de Llano Gomez-Ulla, dende Ecoembes, agradeceu a toda a veciñanza “porque é grazas a que coidan o medio ambiente, polo que tamén hoxe podemos coidar das asociacións que nos coidan”.

Esta campaña levouse a cabo entre o 1 de marzo e o 31 de maio, e permitiu incrementar nun 10% a reciclaxe de residuos plásticos. Unha vez superada esta cifra, cada concello destinou os 1000 euros conseguidos a unha causa social, e elixíronse asociacións da comarca. Precisamente, o acto desta mañá serviu para entregar eses vales económicos, que Bueu destinou á Asociación de Parkinson de Pontevedra (Apropark), Cangas á Asociación de Persoas Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam), e Moaña á Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (Afamo).

No acto participaron representantes municipais dos tres concellos da comarca e as directivas dos colectivos sociais que recibiron os premios.

- Publicidade -spot_img