spot_img
InicioO SalnésAlborada de Mar de Plata actuará nas Festas do Carmen de Baltar

Alborada de Mar de Plata actuará nas Festas do Carmen de Baltar

Alborada de Mar de Plata actuará nas Festas do Carmen de BaltarO conxunto artístico Alborada do Centro Gallego de Mar de Plata actuará nas Festas do Carmen de Baltar o próximo sábado ás 21:30 horas.

Revista COUSAS DE nº14

Esta agrupación de baile e música tradicional procedente do outro lado do Atlántico participou o pasado sábado no VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade organizada pola Secretaría Xeral da Emigración que reuniu a máis dun millar de galegos do exterior.

O Centro Gallego de Mar de Plata é unha das comunidades galegas no exterior que reúne a persoas emigrantes e as súas familias para manter vivos os costumes que nos son propios e reforzar os lazos sociais e culturais con Galicia. Con instalacións propias, este centro organiza actividades como cursos de cociña e lingua galega, canto, baile, pandereta, gaita e percusión sendo un axente fundamental a través dos que Galicia fomenta a súa cultura.

- Publicidade -spot_img