Cun recoñecemento expreso ao sector do comercio feito por David Regades quen dixo que “acendemos estas luces co agradecemento ás mulleres e homes que se deixaron a pel en manter os seus negocios, o emprego e as súas portas abertas e que nos están axudando a sorrir e a facernos a vida un pouco menos difícil” o Centro Comercial A Laxe prendeu esta noite a súa iluminación do Nadal.
Neste difícil ano 2020, no que as restricións sanitarias non permiten as habituais actuacións nas zonas comúns do Centro, A LAXE vestiuse de branco puro, luminoso e brillante cun toque de vermello e verde na decoración como un símbolo de que todos desexamos un nadal cheo de luz de esperanza. Como tamén desde Zona Franca quíxose ser conscientes do necesario compromiso co medio ambiente, toda a decoración está certificada seguindo a normativa europea en emisións de CO2. Unha eficiencia enerxética reflectida en 150 puntos de decoración iluminada, cun consumo de tan só 5,1KW/ h para iluminar máis de 67.000 puntos de LED.
Cortinas, grilandas, árbores de nadal, renos, flocos e estrelas en cuxo centro se ergue unha árbore de dez metros de altura, coroado pola estrela que lle engade un metro máis á gran estrutura. O tapiz branco que recubre á árbore vai adornado con esferas vermellas brillantes que marcan a pauta para o resto da decoración. Completan a decoración un simpático oso polar e un Arco Bóla de Nadal, que se converterán sen dúbida no sitio favorito para os selfies para felicitar o Nadal.
Cun abrazo simbólico, e seguindo a normativa de protección do Covid, Regades pulsou o interruptor da iluminación cun “grazas comerciantes, sen vós e sen vós os paseos pola cidade serían moitísimo máis tristes”.



