spot_img
InicioCondado ParadantaA inauguración dun hotel nas Neves, serve para apelar ao enoturismo como...

A inauguración dun hotel nas Neves, serve para apelar ao enoturismo como xeito de dinamizar as áreas rurais de Galicia

hotel no municipio de As Neves, Hotel da natureza Nande
Intervención de Nava Castro na inauguración do Hotel da natureza Nande

Hoxe foi o día escollido para inauguar oficialmente un novo hotel no municipio de As Neves, “Hotel da natureza Nande”, pertencente á adega Señorío de Rubiós. 

Ao acto acudiron o conselleiro do Medio Rural, José González, o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, a directora de Turismo, Nava Castro, o alcalde das Neves, Xosé M. Rodríguez,  o presidente da D.O. Juan Gil, varios alcaldes da zona e empleados, simpatizantes e medios de comunicación.
Foi o presidente da Bodega Ruibós, Antonio Méndez, quen comenzou o turno de intervencións, dando paso despois ao Presidente do Consello Regulador e a Directora da Axencia de Turismo, Nava Castro. Antes da intervención do conselleiro do Medio Rural, José González, falou o Alcalde das Neves, e todos eles coincidiron en apelar nas súas intervencións ao enoturismo como xeito de dinamizar as áreas rurais.
Pola súa banda o Conselleiro subliñou que a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia lograrase crear unha marca forte para o viño de Galicia, respectando a personalidade de cada denominación

Segundo José González, se algo identifica á cultura galega é o viño porque está ligado á paisaxe, á cultura, á arquitectura, etc. Por iso, sinalou que o obxectivo da Consellería do Medio Rural é converter o sector vitivinícola en elemento central da promoción de toda a produción agroalimentaria de Galicia. Para iso, dixo, púxose en marcha a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que aglutinou o traballo de tres consellerías (a de Economía, Emprego e Industria, a de Cultura e Turismo e a de Medio Rural), xunto coa Fundación Juana de Vega.

Esta estratexia, segundo dixo o conselleiro, está fundamentada en catro piares, o primeiro deles baseado na promoción da calidade. Así, explicou que o obxectivo é crear unha marca forte de todo o viño de Galicia, respectando sempre a personalidade propia de cada unha das denominacións de orixe. Neste senso, José González sinalou que, co apoio da Xunta, será o propio sector o que decida o seu futuro dentro desta estratexia.

Como segundo piar, José González destacou a importancia de reforzar as sinerxías do mundo do viño coa cultura e co turismo. Como terceira pedra angular, o titular de Medio Rural indicou que hai que apostar pola formación e pola innovación e, neste sentido, será clave a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) adscrita á consellería. Por último, José González fixo fincapé na paisaxe galega, un aspecto que, declarou, “permite que esteamos ao nivel dos mellores lugares do mundo”, unha vantaxe que hai que aproveitar a través do respecto medioambiental e da sostibilidade dos nosos proxectos, especificou.

Durante o seu discurso, José González sinalou que falar de viño é falar dunha actividade económica que hoxe factura con uvas autóctonas máis de 200 millóns de euros, moitos deles grazas á exportación. De feito, reiterou que unha de cada cinco botellas de viño producido na nosa comunidade expórtase ao estranxeiro e, precisamente, aquí destaca a Denominación de Orixe Rías Baixas, xa que as súas vendas ao exterior supoñen case o 30% do total.

hotel no municipio de As Neves, Hotel da natureza Nande

Hotel da natureza

O novo hotel inaugurado hoxe no concello pontevedrés das Neves, vinculado á adega Señorío de Rubiós, contou cunha axuda de 200.000 euros da Consellería do Medio Rural, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader).

En concreto, este apoio permitiu a rehabilitación, mellora e ampliación dunha construción rústica para a creación dun hotel rural vinculado ao enoturismo e á gastronomía para a exaltación e degustación de comidas e produtos típicos da zona.

- Publicidade -spot_img