Inicio Pontevedra Louriña Presentan en Porriño a XXI Edición de "Merca na Rúa, Feira de...

Presentan en Porriño a XXI Edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades”

Presentan en Porriño a XXI Edición de "Merca na Rúa, Feira de Oportunidades"Vintecinco establecementos de Porriño e concellos limítrofes participaran na XXI edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades” que vai ter lugar o vindeiro fin de semana na zona peonil da vila.

Haberá 28 stands (algunhas das firmas doblan) que ofrecerán “descontos de ata o 80% xa que a intención é liquidar os restos da tempoada”, explicou Noelia Conde, xerente de ACIPOR e impulsora de “Morea, Centro Comercial Aberto do Porriño”.

A iniciativa do tecido comercial da vila foi louvada tanto por Sergio Casal, concelleiro de Comercio como por David Alonso, edil de Emprego que comentou un dato moi significativo. “Actualmente en Porriño hai 1.200 autónomos dos que o 60% adicanse ó sector servizos de xeito que eventos como este axudan a dinamizar e son moi de agradacer”, sinalou David Alonso.

Pola súa banda Sergio Casal expresou a “enhoraboa do Concello ós organizadores e reiterar a nosa vontade de manter a colaboración para a continuidade destas feiras”, manifestou o edil de Comercio.

Pola súa parte Noelia Conde agradeceu ó Concello e os devanditos concelleiros “pola súa colaboración inestimable no só para a ocupación dos espazos públicos senón tamén pola axuda económica e loxística”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies