Inicio Pontevedra Arousa A Illa de Sálvora consolídase como destino turístico da Arousa

A Illa de Sálvora consolídase como destino turístico da Arousa

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato realizou unha visita a este illote do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, sinalando que por primeira vez superarase a cifra dos 400.000 visitantes nas illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas

Beatriz Mato, salientou que os datos de visitas á Illa de Sálvora poñen de manifesto a consolidación deste espazo natural como destino turístico destacado dentro da Comarca da Arousa. Mato Otero salientou que os máis de 10.000 visitantes que se prevé rexistrar ao longo deste ano constitúen un máximo para a illa e un reforzo ao obxectivo da Xunta por poñer en valor este espazo natural.

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá a Illa de Sálvora, onde saudou a un grupo de voluntarios dun campo de traballo e supervisou os traballos de recuperación que se están a facer na aldea; onde sinalou que a posta en marcha de recursos e servizos para visitar este arquipélago, e o Parque Nacional Marítimo Terrestre en xeral, fai que o número de visitantes aumente ano tras ano.

Nese sentido, avanzou que se ben o ano pasado os número de visitantes ás illas do parque nacional rozou por primeira vez a cifra de 400.000 persoas, este ano poderá superarse. Aclarou que esta demanda ten a súa razón de ser no esforzo de promoción e divulgación que realiza, complementado cun programa de actividades, no que destaca a actividade Starlight. “Un novo produto turístico que aproveita as posibilidades que brindan as Illas Atlánticas para a observación dun ceo nocturno da máxima calidade e libre de contaminación lumínica”, matizou.

Recordou que a Xunta de Galicia ten o firme compromiso de protexer e enxalzar os valores que representa o parque, polo que se traballa na elaboración do Plan Director da Paisaxe Cultural da Illa de Sálvora. Un proxecto que se enmarca tanto no Plan Nacional de Arquitectura Tradicional, como no da Paisaxe Cultural, ambos desenvolvidos polo Instituto do Patrimonio Cultural de España en colaboración coas comunidades.

A conselleira manifestou que o novo Plan Director vai establecer as condicións para o coñecemento integral do territorio insular e a súa arquitectura tradicional; pois a mellor ferramenta para súa protección é comprender a esencia de Sálvora, a súa historia e o seu valor etnográfico.

Avanza que o departamento que dirixe está a tramitar a declaración da Illa como Ben de Interese Cultural (BIC)

Avanzou que outro dos retos da actual Xunta é conseguir a declaración da Illa como Ben de Interese Cultural (BIC). Para acadar ese obxectivo, un dos primeiros traballos foi levar a cabo a primeira fase de consolidación da aldea de Sálvora, con actuacións nas vivendas, a retirada de residuos e a recompilación de útiles (como potas, cubertos ou pezas de mobiliario) para nun futuro expoñelos ao público. Uns traballos aos que a Consellería de Medio Ambiente destina un orzamento de 230.000 euros.

A conselleira trasladou que a Xunta intentará optar aos fondos que o Estado destina á conservación e enriquecemento do patrimonio histórico, co fin de poder financiar a adecuación da Fábrica de Salgadura, do antigo bar, do faro, así como das demais vivendas e hórreos que se conservan na illa; “construcións que están catalogadas e que contan cunha ficha individual para ser incluídos como BIC”.

Por último, sinalou que hai outro vector que inflúe no mantemento deste patrimonio e que é unha tarefa de todos, polo que “só actuando con responsabilidade somos capaces de conservar, manter e gozar deste xoias da natureza. Agradeceu o traballo que están a facer os voluntarios, pois coa seu traballo contribúen á conservación do patrimonio natural, da biodiversidade e dos elementos etnográficos e culturais que fan de Sálvora un sitio único e especial.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies