spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra o seu séptimo faladoiro dentro do ciclo “Diálogos en...

A Guarda celebra o seu séptimo faladoiro dentro do ciclo “Diálogos en Educación”

A Guarda-Diálogos en educación

O séptimo faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase o vindeiro xoves 25 de agosto, ás 20 horas  no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.

Esta ubicación pode variar en función das condicións climatolóxicas, o que será indicado oportunamente. Esta actividade, promovida polo Concello de A Guarda coa colaboración da Universidade de A Coruña convida, nesta ocasión, ao profesor Antonio Rial Sánchez.

Antonio Rial Sánchez é Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), e profesor titular do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Destacado especialista nas temáticas relacionadas coa formación para o traballo e o deseño curricular por competencias, é autor de numerosos libros e artigos en revistas dese ámbito e coordena un Congreso Internacional de carácter bianual sobre Formación Profesional nas súas diferentes modalidades.

Foi director coordenador dos programas de formación inicial de profesores de secundaria para a Comunidade Autónoma de Galicia entre 1985 a 1998, e coordenador científico do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) entre 2008 e 2011.

Antonio Rial ten impartido máis dun centenar de cursos sobre Formación de Formadores para profesores especialistas en  Formación para o traballo e Formación Profesional regrada e animará un faladoiro titulado “A formación para o traballo: “reflexións para elixir…”

- Publicidade -spot_img