Inicio Pontevedra Baixo Miño A Federación Galega de Baloncesto concentrará en Tui a 155 deportistas de...

A Federación Galega de Baloncesto concentrará en Tui a 155 deportistas de toda Galicia

Dúas xogadoras do CB Nigrán convocadas para o CETI da Federación As xogadoras infantís do Club Baloncesto Nigrán, Iria Rei Pereira e Yasmine Amado Figueiró foron seleccionadas pola Federación Galega de Baloncesto para asistir ao CETI (Programa de Tecnificación Itinerante) que terá lugar este fin de semana en TUI.As xornadas de mellora técnica da Federación Galega de Baloncesto concentrarán en Tui a 155 deportistas de toda Galicia. Adestrarán nos pavillóns deportivos municipais de Tui dende o 24 ao 30 de agosto

Dende o mércores 24 ata o martes 30 deste mes, a Federación Galega de Baloncesto organizará no concello de Tui as Xornadas de Mellora Técnica, nas que participarán un total de 144 deportistas de toda a xeografía galega, acompañados por unha coordinadora, dez adestradores e un fisioterapeuta. Os adestramentos dos participantes terán lugar no vello pavillón deportivo municipal e no pavillón do IES San Paio de Tui.

A federación ten planteados dous adestramentos diarios, con traballo de aspectos de mellora técnico-táctica do xogador/a, xunta a unha terceira sesión de caracter competitivo. Así mesmo, os deportistas participarán en diferentes actividades lúdicas e asistirán a charlas de diferentes departamentos, como saúde, arbitraxe, etc.

72 xogadores no primeiro turno (do 24 ao 27) e outras 72 xogadoras no segundo (do 27 ao 30), de categorías infantil e minibasquet (nados do 2003 ao 2006), adestrarán en Tui froito do acordo de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies