spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda vive as Letras Galegas 2020 dun xeito diferente coa proposta...

A Guarda vive as Letras Galegas 2020 dun xeito diferente coa proposta ‘Tendal de Poemas’

A Guarda vive as Letras Galegas 2020 dun xeito diferenteCon motivo da celebración o pasado domingo 17 de maio do Día das Letras Galegas, a concellería de Cultura da Guarda propuxo unha iniciativa para que veciños e veciñas compartisen versos e poemas escritos na nosa lingua.

Dende mediados da semana pasada foron moitos os que quixeron plasmar as súas letras na proposta “Tendal de Poemas” emprazando especialmente ás familias con nenos, a que escollesen un poema en lingua galega e o escribiran sobre un lenzo de tea, acompañando dunha bonita decoración ó gusto. Entre o material atopamos prendas de roupa vella (camisetas) ou anacos de tea (saba, mantel…) ó que se lle deu forma de prenda de roupa.

Os traballos están colocados polos participantes no tendal sito na contorna do Auditorio de San Benito, se aínda non participaches aínda é posible ata mediados desta semana, os traballos permanecerán ata final de mes, se a climatoloxía o permite.

Tamén se quixo conmemorar este ano as Letras Galegas con dous vídeos, por unha banda da Agrupación Cultural Guardesa e, pola outra, por parte do Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Sangriña.

A Guarda vive as Letras Galegas 2020 dun xeito diferente

No caso do vídeo da Agrupación Cultural Guardesa, contouse coa participación de Julia Sobrino e Chuny Vázquez, que recitaron poemas do homenaxeado nesta edición, Ricardo Carvalho Calero.

O vídeo do IES A Sangriña leva por título “Conversa na rede – Ricardo Carvalho Calero” e trátase dunha conversa virtual entre alumnas e alumnos do IES A Sangriña (A Guarda) e profesoras, escritores e representantes de asociacións do ámbito da lingua e da cultura galegas.

- Publicidade -spot_img