spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda rende homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do desastre...

A Guarda rende homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do desastre do Prestige

A Guarda rende homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do desastre do PrestigeEste ano cúmprese o 20 aniversario do desastre do Prestige nas costas Galegas

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello da Guarda realiza o vindeiro domingo día 13 de novembro unha homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do afundimento do Prestige fronte á costa galega, nun acto moi emotivo que terá lugar no Miradoiro adicado á Marea Branca na estrada de Circunvalación ao Monte Santa Trega ás 12:30h.

O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige colapsaba diante das costas galegas, iniciándose una cadea de infortunios que provocou finalmente o seu afundimento o día 19 dese mesmo ano, co conseguinte desastre e lamentable desenlace para todo o medio ambiente.

Foron moitas as persoas que, desinteresadamente, participaron nas dificultosas tarefas de limpeza da costa galega, unha acción que pasou a chamarse “Marea Branca” e á cal na Guarda se lle rendeu homenaxe no ano 2012 coa inauguración do monumento coñecido coma Miradoiro da Marea Branca na estrada de Circunvalación ao Monte Santa Trega, moi preto do barrio de Fontequente, unha acción promovida polo veciño de Oia Xabier Garrido e que contou tamén co apoio do Concello da Guarda e empresas privadas.

Neste 20 aniversario da catástrofe, o Concello da Guarda quere lembrar e homenaxear  a todas esas persoas que participaron na Marea Branca, facendo posible que a costa galega recuperase a normalidade, esquecendo as fortes imaxes das rochas e aves mariñas tinguidas de negro polo chapapote.

O vindeiro 13 de novembro, neste acto de homenaxe á Marea Branca, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, será o encargado de dar lectura a un Manifesto, redactado por Manuel Campo Vidal, nun acto no que tamén intervirán Silvia Crespo, Patroa Maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla e Xabier Garrido, promotor da iniciativa de crear este monumento adicado á Marea Branca na Guarda.

Será un acto moi emotivo, con acompañamento musical e aberto a toda a cidadanía Guardesa.

- Publicidade -spot_img