spot_img
InicioCondado ParadantaO Condado Paradanta acudirá por vez primeira como xeodestino ao Salón Internacional...

O Condado Paradanta acudirá por vez primeira como xeodestino ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar

O Condado Paradanta acudirá por vez primeira como xeodestino ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico XantarBaixo o lema “Condado Paradanta Sabe” o xeodestino presentarase no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 22 no espazo de Festas Gastronómicas

Revista COUSAS DE Nº15

O Condado Paradanta acudirá por vez primeira como xeodestino ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 22, que terá lugar en Ourense do 9 ao 13 de novembro. Así se anunciou oficialmente nun acto de presentación que tivo lugar no Mercado Municipal de Mondariz e no que participaron, representantes institucionais de diferentes concellos, empresas turísticas e o GDR Condado Paradanta.

Segundo o presidente do GDR e alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo “será a primeira vez que o territorio contará con representación nun dos escaparates turísticos máis importantes para o sector, e para o que porá en valor todo o seu potencial enogastronómico.”

Para o presidente da entidade supramunicipal esta é unha gran oportunidade para continuar promovendo a identidade territorial, “creando sinerxías e establecendo pontes de colaboración que unen a zona e a fan máis forte e atractiva a nivel turístico”.

Produtos do xeodestino

O xamón da Cañiza, a lamprea, os callos de Salceda de Caselas, o requeixo e mel de As Neves, as rosquillas de Ponteareas, o viño do Condado, a auga de Mondariz, e a cervexa artesá de Galician Brew son algúns dos produtos que se presentaron hoxe en Mondariz e que contarán coa súa merecida presenza en Xantar22

Como mostra da unidade territorial entorno ao xeodestino, no acto de presentación deste luns, ademais do alcalde de Covelo, tamén estiveron presentes o rexedor de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez; o de A Cañiza, Luís Antonio Gómez; a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, a de Ponteareas, Cristina Fernández e o alcalde de Mondariz, Emilio Barros. Tamén asistiu a EFA A Cancela, e a Xanela Gastronómica que serán os representantes do xeodestino tanto no stand, no espazo Festas Gastronómicas, como no showcooking.

Receitario

No marco da nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 22 tamén se presentará o receitario elaborado entre diferentes establecementos con distintivo SICTED. Doce receitas recollen as mellores preparacións culinarias con produtos de proximidade que falan dun territorio rico non só nivel paisaxístico, senón tamén enogastronómico.

PROGRAMA

• MÉRCOLES 9 DE NOVEMBRO: FEIRA DO REQUEIXO E MEL DE AS NEVES
12.00 a 13.00 h. | Ubicación: Espazo Festas Gastronómicas.

• XOVES 10 DE NOVEMBRO: FESTA DOS CALLOS DE SALCEDA DE CASELAS
12.00 a 13.00 h. |Ubicación: Espazo Festas Gastronómicas.

• VENRES 11 DE NOVEMBRO: FESTA DA LAMPREA DE ARBO
13.45 a 14.45 h. | Ubicación: Espazo Festas Gastronómicas.

• SÁBADO 12 DE NOVEMBRO: FESTA DO XAMÓN DE A CAÑIZA
19.00 a 20.00 h. | Ubicación: Espazo Festas Gastronómicas. CATAS COMENTADAS:

• VENRES DÍA 11 DE 12:00 A 12:45 HORAS: CATA DE VIÑO – RELIZADA POLA BODEGA SEÑORÍO DE RUBIÓS – AS NEVES

• DOMINGO DÍA 13 DE 13:30 A 14:30 HORAS: CATA DE REQUEIXO E MEL – REALIZADA POLA SOCIEDAD COOPERATIVA CONDADO-PARADANTA – AS NEVES
SHOWCOOKING:

• MÉRCORES DE 13:30 – 14:30 HORAS – REALIZADO POLO RESTAURANTE A XANELA GASTRONÓMICA DE PONTEAREAS

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.