Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda recupera a súa Festa do Peixe Espada

A Guarda recupera a súa Festa do Peixe Espada

a-guarda-recupera-a-sua-festa-do-peixe-espada

O Pregoeiro Tino Baz e a cociñeira Chus Castro brillaron con luz propia na XIII Festa do Peixe Espada de A Guarda

A última fin de semana de xullo tivo un sabor moi especial en A Guarda. Tras unha ausencia que se prolongou dende 2008, volveu á vila unha das súas festas gastronómicas máis recoñecidas, a Festa do Peixe Espada. Esta foi a XIII edición da celebración organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello de A Guarda.

A festa comezou o sábado da mellor maneira posible, cun pregón á altura da importancia dun día tan especial para a localidade, que foi ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, recoñecido e admirado entre os seus veciños e veciñas, pero tamén no resto da xeografía galega. Este foi precedido pola intervención do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, quen se encargou de dar a benvida á festa, cunhas verbas adicadas á importancia dos palangreiros e un especial agradecemento a OR.PA.GU. polo traballo de visibilización da flota guardesa, que supón o 40% da flota nacional do peixe espada.

A continuación presentou ó pregoeiro, quen fixo unha espectacular entrada á carpa do Porto de A Guarda, tocando a gaita ata chegar o escenario, entre os aplausos dos asistentes. No discurso que ofreceu, coa súa potente e característica voz, quixo destacar o valor gastronómico e nutricional do peixe espada, o emperador dos mares como o definiu, e a importancia de que unha festa como esta tamén aposte pola cultura, a conciencia, a música e a creatividade. Todo isto, afirmou, se pode ver nesta celebración a través do XIII Concurso de carteis “Festa do Peixe Espada” e do I Concurso literario infantil “Homes e mulleres do mar”, cuxos premios se entregaron tras o propio o pregón.

Ese mesmo sábado día 30 tamén se puido desfrutar da actuación de música tradicional de “Fuscalho”, da actuación do grupo Ángel América (ex-vocalista da orquestra América) e da segunda proba do I Campionato Galego de Slalom Integrador.

Xa no segundo día deste vento, o domingo 31 de xullo, a principal protagonista da xornada foi a cociñeira Chus Castro do Restaurante Bitadorna, que leva 23 anos atendendo ó público en A Guarda e 6 co establecemento do mesmo nome que abriron en Vigo. A cociñeira guardesa fixo unha demostración en vivo e directo de como se pode preparar o peixe espada de diferentes xeitos, demostrando a versatibilidade deste produto. Nesta masterclass preparou cinco pratos no escenario, en directo e amosando a todos os que se atopaban como realizalos paso a paso. O primeiro foi un tartar, a continuación, c unha preparación similar fixo unha receita moi diferente e das que máis gustou o público: unhas sorprendentes hamburguesas de peixe espada con sésamo. A orixinalidade foi a tónica común dos pratos alí mostrados, que se completaron cun tataki, un carpacho aliñado con alioli de soia e salsa de allo negro e por últimos uns tacos de peixe espada con doce de piña.

Rematou así esta mostra na que se puido comprobar a destreza dunha das cociñeiras máis destacadas da Comarca do Baixo Miño e de toda Galicia, cuxo Restaurante de A Guarda foi recoñecido como unha das mellores marisquerías de toda España para o cal o segredo, afirma, é manter a calidade a pesar da dificultade dos tempos e ofrecer unha combinación de marisquería, cociña creativa e artesá na que se fagan cousas sinxelas que potencien o sabor dos produtos utilizados sen escondelos.

Ademais, durante toda a fin de semana tivo lugar na carpa do Porto de A Guarda o IV Máster Nacional de Futbolín, houbo diferentes actividades para os nenos e nenas e, por suposto, se puido desfrutar o peixe espada en todas as súas variedades: á prancha, en empanada, en forma de croquetas, en salpicón, etc.

De toda esta oferta de actividades lúdicas e culturais puideron desfrutar os centos de visitantes que se achegaron este sábado e domingo á A Guarda para rematar o mes de xullo degustando un dos peixes máis sabrosos da nosa gastronomía, do que se despacharon máis das 2.000 racións que estaban previstas. nunha contorna incomparable como a que ofrece a vila de A Guarda.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies