spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda prepárase para acoller a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando

A Guarda prepárase para acoller a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando

A Guarda prepárase para acoller a II Carreira Solidaria e inclusiva RevirandoA Casa dos Alonso acolleu na mañá deste xoves día 21 de abril a presentación da segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.

No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; Valentina González Rodríguez, representante PP Somascos; Christian Estévez, representante de San Xerome e David Alonso, profesor e coordinador da carreira.

Revista COUSAS DE Nº13

Antonio Lomba quixo agradecer o enorme esforzo que supón organizar este tipo de eventos, dando os parabéns e indicando o total apoio do Concello da Guarda a este evento solidario e inclusivo que, sen dúbida, agrupa a boa parte da cidadanía da Guarda.

Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

A proba celebrarase o domingo 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3800m e a modo carreira ou andaina e na modalidade 2 con 1000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda da Guarda.

A cota de inscrición será de : 7,00€ para adultos e de 3,00€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.

As inscricións están xa abertas ata o 4 de maio no seguinte link:    https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.

Máis actividades na Alameda da Guarda

Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

Teremos tamén un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

Realizaranse ademais partidas simultáneas de Xadrez e contarase co concerto do grupo “Uxía Lambona e a Banda Molona”.

Ao remate farase entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

- Publicidade -spot_img