spot_img
InicioBaixo MiñoA campaña de reciclaxe 'Únete ao reto' anima a reciclar envases lixeiros...

A campaña de reciclaxe ‘Únete ao reto’ anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e Tomiño

A campaña de reciclaxe 'Únete ao reto' anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e TomiñoEsta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos cinco concellos da provincia de Pontevedra que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe

A campaña de reciclaxe da Xunta de Galicia ‘Únete ao reto’, segue promovendo novas accións de sensibilización entre a cidadanía galega, como a recente instalación de cadanseu contedor amarelo xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e Tomiño, os cinco municipios da provincia de Pontevedra que participan este ano na iniciativa impulsada conxuntamente pola Xunta e Ecoembes.

Revista COUSAS DE Nº13

Con estes elementos, construídos en madeira reciclada e cunhas dimensións de 2,5 metros de ancho por 4,5 metros de altura, búscase chamar a atención da veciñanza e animala a contribuír a que o seu concello logre aumentar nun 10% a recollida de envases de plástico, latas e briks, obxectivo principal desta terceira edición de Únete ao reto.

Para logralo, computaranse os residuos que se depositen nos contedores amarelos dos 13 municipios participantes en toda Galicia desde o inicio da campaña, o pasado 1 de marzo, ata o vindeiro 31 de maio. O obxectivo é que a cantidade recuperada supere como mínimo nun 10% as cifras depositadas neste mesmo período o ano pasado, que foi de 1.700 toneladas.

A campaña de reciclaxe 'Únete ao reto' anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e Tomiño

Ademais da contribución ao coidado do medio ambiente e ao fomento da economía circular inherentes á reciclaxe destes residuos, cómpre lembrar que todos os concellos que superen o reto recibirán como recompensa unha achega de 2.000 euros para doar á causa social da súa elección.

Para iso, durante os tres meses da campaña desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación. Así, ademais da instalación dos 13 contedores xigantes en lugares céntricos e visibles para que teñan o maior impacto posible entre a cidadanía, estanse a facer visitas periódicas aos concellos participantes para instalar vinilos nos comercios e na hostalaría local e falar cos veciños, informando da importancia e dos beneficios de facer un correcto uso do contedor amarelo.

Ademais, tamén se prevén campañas nos medios de comunicación e en redes sociais co obxectivo de animar á cidadanía a participar na iniciativa, á vez que se lles aconsella sobre como reciclar mellor no seu día a día para garantir que estes materiais, unha vez depositados nos contedores amarelos, se poidan reutilizar e devolver ao ciclo produtivo.

- Publicidade -spot_img