Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda pide á consellería do Mar un futuro para o seu...

A Guarda pide á consellería do Mar un futuro para o seu Porto

A Guarda pide á consellería do Mar un futuro para o seu PortoUnha representación veciñal da Guarda, encabezada polo seu alcalde, trasladouse a Santiago a demandar a construción do espigón sur do porto

O mércores 15 de xaneiro do 2020 representantes das asociacións guardesas, ORPAGU, Piueiro, Alagua e Confraría de Pescadores, encabezados polo alcalde, Antonio Lomba, tiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a presidenta de portos de Galicia Susana Lenguas, para trasladarlle as demandas da cidadanía guardesa, en relación ao futuro do porto, expresadas a través das súas asociacións.

En agosto de 2019 xurdiu na Guarda un movemento civil apoiado polas asociacións empresariais, culturais, deportivas e sociais, e polo propio concello, que ten como obxectivo conseguir melloras para o seu porto que permitan un uso máis intensivo da lámina de auga, tanto para profesionais como náutico deportivas, e que actúe como o motor económico da localidade, como o fixo no pasado.

As melloras que se pretenden conseguir permitirán poder usar o porto durante todo o ano de forma segura e dotalo de servizos e infraestruturas de atraque.

A obra principal que se propón, e así llo trasladaron ás responsables políticas da Xunta, e a construción dun espigón que parta do sur do espigón vello (na zona do Balueiro) e que remate por fora do espigón norte. Isto evitará a entrada dos mares que na actualidade fan o porto impracticable con mal tempo.

A representación Guardesa valorou de forma positiva a reunión xa que conseguiron o compromiso das responsables da Xunta de traballar nas demandas que lle presentaron co obxectivo de elaborar un estudo de viabilidade técnica e unha valoración económica da construción do espigón.

Así mesmo o alcalde solicitou, unha vez máis, o apoio da conselleira para a construción do vial de acceso sur ao porto. O proxecto desta infraestrutura foi redactado na anterior lexislatura pola Deputación Provincial de Pontevedra e na actualidade está pendente dos informes sectoriais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies