Inicio O Condado Ponteareas agasalla ao mestre Rogelio Groba cun concerto da Orquestra de Cámara...

Ponteareas agasalla ao mestre Rogelio Groba cun concerto da Orquestra de Cámara Galega no seu 90 aniversario

Ponteareas agasalla ao mestre Rogelio Groba cun concerto da Orquestra de Cámara Galega no seu 90 aniversarioMáis de setecentas obras acompañan a traxectoria do músico máis prolífico da xeración do 51

Ponteareas conta cun tesouro único que fai historia no mundo da música, hai noventa anos un día como hoxe xoves día 16 nacía en Guláns o mestre Rogelio Groba Groba. Máis de setecentas obras acompañan a traxectoria deste prolífico mestre que sigue amencendo cada mañá coa inquedanza de compor e de trasladar a cada partitura as sensacións e vivenzas do cotidiá.

O concello de Ponteareas quere darlle os parabéns co concerto que ofrecerá a Orquestra de Cámara Galega este venres día 17 ás 20:30 horas no auditorio municipal. Dirixida por Rogelio Groba Otero, fillo do ilustre compositor, contará coa participación do clarinetista Spyros Fakiolas e a pianista Elisa D´Auria.

Este concerto homenaxe será ofrecido totalmente de balde polo concello de Ponteareas co obxectivo de achegar a todos os públicos a programación cultural que oferta de xeito establa ao longo do ano tanto no centro urbano como nas parroquias.

Rogelio Groba Groba é para Ponteareas un referente e un orgullo do que nos gusta presumir, motivo polo que ano tras ano se consolida o Festival Groba que cada ano brinda a oportunidade de gozar de xeito gratuíto e sen sair da nosa vila dos e das mellores músicos do panorama internacional.

A Orquestra de Cámara Galega á principal ferramenta de difusión da obra do mestre Groba levándoa polos escenarios de todo o mundo sendo un privilexio mútuo. “Levamos 25 anos estreando obras do mestre por todo o mundo, unha responsabilidade pero tamén un orgullo”, explica o director Rogelio Groba Otero.

Un orgullo ao que se suma a Fundación Rogelio Groba, encargada de velar por este patrimonio musical e cultural en contínua producción que neste ano rexistará outras tres obras máis que o inquedo compositor pontearéan ven de escribir.

O alcalde Xosé Represas amosa o seu profundo agradecemento polo valor do traballo que Rogelio Groba Groba deixa en herdanza a todas e todos os ponteareáns sendo o compositor máis prolífico da xeración do 51 en España.

“Queremos darlle as grazas a Rogelio Groba Groba por toda a súa obra que compón o maior legado de música para o noso país e para Ponteareas e felicitalo ao acadar os noventa anos e seguir agasallándonos con novas composicións”, manifestou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies