Inicio Baixo Miño Tui participará xunto con máis de 138 cidades no proxecto "Alfombra Mundial"...

Tui participará xunto con máis de 138 cidades no proxecto “Alfombra Mundial” promovido por Alfombristas do Camiño

Máis de 138 cidades participarán no proxecto "Alfombra Mundial" promovido polos Alfombristas do CamiñoHoxe no Salón de Plenos do Concello de Tui, deuse a coñecer o proxecto de “Alfombra mundial” para o 2021 ao que están sucritos xa alfombristas de 138 cidade a nivel internacional, entre elas Tui.

A realización dunha alfombra de flores cun mesmo deseño a nivel mundial o 24 e 25 de xullo de 2021 é o proxecto no que traballa a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago. Ao mesmo téñense sumado xa 138 cidades, entre elas Tui.  Ser embaixadores deste proxecto é o obxectivo do convenio asinado este mediodía na casa do concello de Tui entre do presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, e do vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo. O acto foi presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e contou coa presenza de representantes das asociacións de alfombristas de Tui, Maria de los Ángeles Fernández, de Gondomar, Mercedes González, e de Bueu, Carmen Farto.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, agradeceu a ambas entidades – a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago – ter elixido Tui para asinar este convenio. Indicaba na súa intervención que “ningunha cidade mellor que Tui reflicte o sentimento sobre o espírito do Camiño de Santiago. Somos unha cidade histórica cun legado histórico único, porta de entrada do Camiño Portugués de Santiago…”. E afirmaba que nestes momentos o “Camiño de Santiago para os tudenses é unha das nosas principais sinais de identidade”.

O vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo, cualificou o proxecto de realización dunha alfombra mundial de “extraordinaria” apuntando que os membros da orde que representa – formada por máis de 1.200 persoas de 24 países – e os alfombristas serán embaixadores do Camiño de Santiago. Tamén agardou que o de hoxe sexa o comezo doutros proxectos que se realicen para pór en valor Tui coma porta de entrada do Camiño Portugués.

O presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, explicou que hoxe se cumpren 6 meses dende o nacemento deste proxecto ao que se teñen sumando xa 138 cidades das que 68 están en España, 22 delas en Galicia, 33 en Italia, e outras en máis de 17 países. Cada día se van incorporando novos municipios. Un proxecto que está unindo ao alfombrismo de todo o mundo dende o Camiño de Santiago, e que pon en valor tanto a vía xacobea coma o alfombrismo.

A comisión xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago tamén promove outro proxecto denominado  “Alfombras para el Camino”, que consistirá na realización, de xaneiro a xuño de 2021, de alfombras en cada un dos camiños de Santiago.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies