spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda nomea como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro

A Guarda nomea como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro

A Guarda nomea como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez AlfaroO pasado sábado día 24 de novembro celebrouse un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.

Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda.

Neste senso porpúxose a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio.

En palabras do alcalde, Antonio Lomba, “este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético.”

Nun pleno moi emotivo, os diferentes portavoces dos partidos políticos con representación municipal fixeron as súas quendas de intervención para dar pé á votación e posterior palabras de agradecemento por parte dos familiares de Xosé Carlos Gómez Alfaro, presentes neste acto: a súa viuva, o seu fillo e a súa nai.

O Alcalde da Guarda foi o encargado de entregarlle un ramo de rosas, o pin de ouro do Concello da Guarda e o diploma de fillo adoptivo. Posteriormente foi Joaquín Cadilla o encargado de dar lectura a uns poemas de Xosé Carlos Gómez Alfaro, recollidos nun libriño editado por Infomaxe e o Concello da Guarda, especialmente para esta ocasión.

- Publicidade -spot_img